Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Redondela desprega o cinema no espazo público para reflexionar sobre os dereitos humanos

Na tarde de onte o Concello de Redondela abriu unha ventá a Guatemala, a través dunha actividade de cinema ao aire libre.
A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, en conxunto co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegaron ao noso Concello unha actividade para o goce estético, a reflexión, a reivindicación e a solidariedade.
No espazo diante da fachada do consistorio despregouse toda unha sala de cine ao aire libre, cunha gran pantalla e mais cadeiras, coas que convidaban a todos os viandantes a sentarse.
As persoas que se achegaron poideron gozar do visionado de varias curtametraxes nas que se abordan diferentes problemáticas que afectan a comunidades indíxenas guatemaltecas. Ao rematar convidouse aos participantes á reflexión común sobre diferentes aspectos que abarcaban o dereito a vivenda, o dereito a auga, a soberanía alimentaria e mais o dereito a educación. Ademáis poideron coñecer o traballo que seu concello, o Concello de Redondela, apoia en Guatemala a través da súa participación no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Agradecemos a todas as persoas asistentes o seu interese e participación e mais ao Fondo Galego de Cooperación por posibilitarnos facer esta actividade.
– A nova en Solidariedade Internacional de Galicia, e mais en diferentes medios:

Compartir