Concello de Redondela

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA GASTOS CORRENTES DESTINADOS ÁS COMUNIDADES DE PERSOAS USUARIAS DA AUGA NO CONCELLO DE REDONDELA

As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia ás comunidades de persoas usuarias de auga domiciliaria constituídas no termo municipal de Redondela de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

As comunidades de persoas usuarias da auga son entidades do maior interese para o Concello xa que contribúen á preservación e adecuado aproveitamento dun ben público  como é a auga potable destinada ao consumo humano e colaboran no exercicio da competencia en materia de abastecemento de augas establecida no art. 25.2.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril , reguladora das bases do réxime local.

Compartir