Que ledicia nos da anuncialo! Despois de longo tempo volven as colaboracións do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela coas bibliotecas municipais.
Os martes 28 de abril e mais 5 de maio, a Biblioteca Xela Arias de Chapela contará con actividades programadas para os máis cativos da casa.

- “7 sorrisos e un conto”, é a proposta que nos achega o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil para o martes 28 de abril.
Contacontos, búsqueda do tesouro, pintura en cristal, semente de flores, pintacaras… e moito máis nunha pequena gran festa coa que festexar a primavera e mais a lectura.

- “As amigas de Bu necesitamos axuda!”, un novo serán de diversión arredor dos contos e das emocións, o martes 5 de maio.
As actividades están pensadas para crianzas a partir de 2 anos.
De balde e con entrada libre, ata encher a capacidade.