Concello de Redondela

Volven os contacontos do “Nadal Total” á biblioteca de Redondela

Un ano máis chegan,  á Biblioteca Municipal de Redondela, os CONTACONTOS DO “NADAL TOTAL”, da man da Fundación Filomena Rivero Alonso.

Este ano baixo o lema “Contos de amor polo Nadal” e con dúas sesións relatadas, narradas, contadas por Olga Cuervo!:

O mércores, 18 de decembro e  ⭐o venres 20 de decembro

Para nen@s de 3 a 99 anos!

Entrada libre e de balde

Na Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela

Organiza: Fundación Filomena Rivero Alonso

Colabora: Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela

Compartir