– A alcaldesa, Digna Rivas, amosou o seu orgullo polo resultado da xornada: “Ver as nosas prazas e rúas ateigadas de xente, con familias enteiras gozando do talento de compañías de primeiro nivel, confirma que Redondela é un referente cultural indispensable. Esta aposta pola cultura na rúa, gratuíta e accesible, devolve á cidadanía o protagonismo do espazo público a través da arte,a música e a ilusión”.
O Concello de Redondela amosa a súa gransatisfacción polo éxito absoluto de público acadado no XXVII Festival de Artistas de Rúa celebrado onte na vila cunha gran acollida por parte do público. Milleiros de persoas, entre vecilanza e visitantes, respondero á chamada da cultura, enchendo de vida, cor e maxia o centro urbano do municipio e consolidando o evento como un dos grandes fitos do verán.
A programación arrancou ás 18:30 horas na Alameda Castelao co espazo de xogos O fogar de Breogán, a cargo de Bico de Toupa, que congregou a numerosas familias nunha viaxe lúdica ás nosas raíces castrexas. O ambiente festivo continuou en aumento coa compañía redondelá Tanxarina e o seu aclamado espectáculo Titiricircus na rúa Salgueiral.
O dinamismo musical e visual estendeuse polo corazón da vila co pasarrúas O Minúsculo, que deixou abraiados a grandes e cativos cunha marioneta xigante de cinco metros de altura. Logo a compañía Pablo Méndez Performances marabillou aos presentes co seu espectáculo Quimera, un impresionante despregue visual de acrobacias, mitoloxía e luces. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou o seu orgullo polo resultado da xornada: “Ver as nosas prazas e rúas ateigadas de xente, con familias enteiras gozando do talento de compañías de primeiro nivel, confirma que Redondela é un referente cultural indispensable. Esta aposta pola cultura na rúa, gratuíta e accesible, devolve á cidadanía o protagonismo do espazo público a través da arte e a ilusión”.
Ao longo da noite, a música e o ilusionismo completaron unha xornada redonda. A pista da Xunqueira acolleu un multitudinario concerto do artista urbano Eleg1do, que fixo bailar ao público máis novo cos seus éxitos virais. A xornada rematou co espectáculo do Mago Orbit puxo o broche de ouro nunha praza da Torre ateigada de público co seu espectáculo Acero 2.0, un show de grandes ilusións e maxia de alto impacto ao máis puro estilo das Vegas.
Dende o goberno local destacan que este éxito masivo confirma o acerto de apostar por formatos de rúa gratuítos e de calidade. Como complemento de dinamización económica, o goberno local cualificou tamén de éxito rotundo a celebración do Shopping Night, unha iniciativa do comercio local en colaboración co Concello que mantivo os establecementos abertos ata altas horas con descontos e actividades especiais, rexistrando un gran volume de vendas e unha extraordinaria animación nas rúas comerciais. O Concello agradece a implicación de comerciantes, artistas e público para facer posible este día inesquecible.




