Desenvolvimiento Local - Empleo (AEDL)
A área de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela encárgase de organizar e promover a estabilidade laboral no traballo e a inserción destas persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.
Contacta
- 986 402 664
- aedl@redondela.gal
- Paseo do Pexegueiro, 6, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborales 9:00-14:00 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
Alumnado dun obradoiro de emprego anterior na especialidade de carpinteiría.
– O proxecto “Talento Mozo de Redondela” iniciará a súa actividade en setembro cunha duración de 12 meses. O alumnado formarase nas especialidades de Pintura e Albanelería, dous sectores con gran demanda de profesionais. Os participantes recibirán un contrato de traballo remunerado co Salario Mínimo Interprofesional .
– A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a importancia estratéxica deste proxecto para o municipio “dándolle á xente nova as ferramentas para construír un futuro profesional”. Os beneficios son dobres porque “ao tempo que se forman cun soldo digno, poderán mellorar edificios públicos e rúas que emprega a veciñanza de Redondela e Chapela”.
O Concello de Redondela reafirma o seu compromiso coa inserción laboral da mocidade do municipio a través da posta en marcha do novo Programa de Formación-Emprego Talento Mozo de Redondela.
O obradoiro terá cunha duración de 12 meses e iniciará a súa actividade en setembro con formación teórica e práctica nas especialidades de “Pintura decorativa en construción” e “Albanelería”. O obxectivo principal é mellorar a empregabilidade dun total de 16 alumnos e alumnas (8 por cada especialidade formativa) mediante a adquisición de certificados de profesionalidade. As persoas seleccionadas asinarán un contrato de traballo e percibirán unha remuneración equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) vixente.
A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a importancia estratéxica deste proxecto para o municipio: “Este programa é unha gran oportunidade para que mozos e mozas constrúan o seu futuro profesional”. A rexedora destaca que os obradoiros teñen un dobre beneficio porque “non só formamos á xuventude cun soldo digno desde o primeiro día, senón que tamén investimos na mellora do noso patrimonio e dos servizos públicos que desfruta toda a veciñanza de Redondela e Chapela”.
O concelleiro de Emprego, Alberto Álvarez, subliñou o impacto directo na inserción laboral que supón esta modalidade: “Buscamos un modelo de aprendizaxe práctico e real”. O alumnado adquire a experiencia real que esixe o mercado laboral en sectores con moita demanda como son a construción e as reformas”.
Na modalidade de Pintura impartiranse os certificados de profesionalidade de Pintura decorativa en construción e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. No caso de Albanelería o alumnado formarase en catro módulos, incluíndo Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, Operacións básicas de revestimentos lixeiros e o módulo de Tratamentos auxiliares en revestimentos con pezas ríxidas .
Melloras en edificios públicos e patrimonio local
O alumnado aplicará os coñecementos adquiridos en espazos públicos do Concello. Na especialidade de Pintura realizarán traballos de reparación e diversos tratamentos na Casa da Cultura, a Casa do Concello, os Edificios Multiusos da Xunqueira e de Chapela, e no Centro de Formación A Marisma.
Pola súa banda, o módulo de Albanelería centrarase en reformas estruturais e colocación de pavimentos na Casa da Cultura, o Conservatorio de Música, no local da antiga estación de tren de Chapela e na antiga escola de Saxamonde. Tamén actuarán en rúas do casco antigo como Padre Crespo, Isidoro Queimaliños, Reveriano Soutullo, Meixón frío ou Praza da Constitución, entre outras.
Requisitos de participación e inscrición
Para formar parte do proceso de selección, a mocidade interesada debe ter cumpridos os 18 anos e non superar os 30. É imprescindible estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) e no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia. Para a especialidade de Albanelería non se require ningunha previa. No caso de Pintura decorativa requírese a formación regulada mínima que permita o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2.
Todas as persoas que cumpran os requisitos e desexen participar deberán formalizar a súa solicitude o antes posible acudindo directamente ás oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia de Redondela ou de Chapela.
O obradoiro foi concedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, cunha subvención que ascende a 483.995,36 €, e complétase cunha achega municipal de 18.400 €.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca que o venres 31 de xullo a vila será “un gran escenario ao aire libre co mellor ambiente cultural e festivo”. Rúas e prazas acollerán un completo programa gratuíto con ilusionismo, teatro, acrobacias, música urbana e xogos tradicionais. O Mago Orbit, Lg1do, Pablo Méndez Performance e Tanxarina serán algúns dos protagonistas.
– A xornada complétase un ano máis coa proposta do comercio local. Máis de 40 establecementos abrirán ata a media noite con rebaixas de ata o 70 %, música en directo, sorteos e sorpresas.
O Concello de Redondela presentou a programación do XXVII Festival ‘Artistas de Rúa’, unha gran cita cultural que encherá de maxia os espazos públicos da vila o vindeiro venres 31 de xullo. Esta nova edición compartirá protagonismo coa ‘Aloha! Shopping Night’, unha iniciativa na que 44 establecementos comerciais e hostaleiros abrirán en horario estendido para ofrecer unha experiencia única de lecer e compras. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou o seu orgullo por conseguir unificar un ano máis dúas citas tan potentes no calendario local. “Queremos que Redondela sexa ese venres un gran escenario ao aire libre, cheo de vida e ilusión para as familias, pero tamén un motor de dinamización económica”, sinalou a rexedora. Rivas fixo fincapé na importancia de apoiar ao tecido empresarial da vila: “A nosa hostalaría e o comercio de proximidade son os que dan vida a Redondela todos os días do ano; con esta xornada compartida de actividades creamos o escaparate perfecto para que a xente de fóra nos visite, consuma no noso comercio e descubra todo o que podemos ofrecer nun ambiente inmellorable”.
Gran despregue do XXVII Festival Artistas de Rúa
A programación artística arrancará pola tarde e estenderase de xeito ininterrompido ata a media noite con propostas de balde:
• 18:30 h | O Xogar de Breogán (Alameda de Castelao): Xogos de madeira de temática castrexa e sección de autómatas para conectar coas raíces e a historia celta.
• 19:15 h | Tanxarina: Titiricircus (Rúa Salgueiral): Un emotivo e participativo espectáculo de marionetas de fío que rende homenaxe ás glorias do vello circo.
• 20:15 h | Pasarrúas: O Minúsculo (Inicio na Praza de Ribadavia): Gran desfile multidisciplinar protagonizado por unha impactante marioneta de fío de cinco metros de altura.
• 21:30 h | Pablo Méndez Performances: Quimera (Praza do Concello): Espectáculo visual e acrobático inspirado na mitoloxía e na maxia da natureza.
• 22:30 h | Lg1do, Artista Urbano (Pista da Xunqueira): Concerto en directo dunha das grandes promesas musicais de Galicia, fusionando trap e reguetón en galego e español.
• 23:30 h | Mago Orbit: Acero (Praza da Torre): Broche de ouro cun show de ilusionismo de alto impacto e luces ao máis puro estilo das Vegas.
‘Aloha! Shopping Night’: Compras, descontos e animación
Como o complemento perfecto á oferta cultural, desde as 19:00 horas o tecido comercial sumará a súa propia animación. Máis de 40 establecementos ofrecerán interesantes descontos de ata o 70 % con promocións, música e sorpresas para os clientes. A Praza da Constitución acollerá postos especiais na rúa e varios locais de hostalaría ofrecerán propostas especiais para cear.
Digna Rivas pechou a presentación convidando a toda a veciñanza e dos concellos da comarca a achegarse a Redondela o vindeiro 31 de xullo “para vivir unha noite máxica de cultura, diversión, ocio e compras que non vai deixar a ninguén indiferente”.


O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, reuniuse co equipo de traballo de “Mariscando conCiencias para o Futuro”
– Dende marzo, máis dun cento de escolares e colectivos achegáronse aos oficios do mar da man das súas profesionais e do Future Oceans Lab da Uvigo. A colaboración da Universidade foi clave para explicar a alta mortandade de marisco e o impacto ambiental que sofre a enseada de San Simón pola contaminación e o cambio climático.
– A vindeira cita será o 2 de xuño cunha xornada sobre a pesca artesanal no mundo que contará con investigadoras e traballos audiovisuais realizados por mulleres do mar de Xapón, México ou O Salvador.
O Concello de Redondela fai un balance moi positivo do programa “Mariscando conCiencias para o Futuro” tras os seus primeiros meses de andaina. Esta iniciativa, que nace da intersección entre as ciencias do mar, a pesca artesanal e a arte comunitaria, reuniu xa a máis dun cento de persoas nas súas actividades. O obxectivo é dignificar os oficios do mar e concienciar sobre a saúde ambiental da nosa costa, así como establecer alianzas con asociacións e xente do mar para reflexionar sobre o pasado, presente e futuro da pesca artesanal.
Dende o mes de marzo, o alumnado de varios CEIPs do municipio e persoas vinculadas á asociación Lenda participaron en xornadas onde mariscadoras a pé e mariñeiros de litoral compartiron os segredos das súas artes. Os participantes aprenderon sobre as ferramentas, a organización do sector e a importancia do carácter artesanal da pesca. A parte práctica permitiu aos asistentes por as botas de auga para identificar especies como ameixas, berberechos ou longueiróns. Nesta fase, a colaboración do Future Oceans Lab (UVigo) foi clave para explicar a alta mortaldade de marisco e os impactos ambientais que sofre a enseada de San Simón pol contaminación e o cambio climático.
Próxima cita: 2 de xuño, unha ollada global
O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, reuniuse co equipo de traballo nunha sesión na que perfilaron a próxima actividade. Será o 2 de xuño no Multiusos da Xunqueira cunha xornada dedicada á “Pesca costeira artesanal arredor do mundo”. Redondela será o punto de encontro para analizar a situación actual do sector. A xornada contará coa participación de investigadoras e mariscadoras que dialogarán sobre os retos globais do mar. A programación incluirá a proxección de testemuños en vídeo de mulleres do mar de países como Xapón ou México, permitindo coñecer as realidades locais coas doutros continentes. Ademais, inaugurarase unha exposición fotográfica sobre as mulleres do mar do Salvador, elaborada por ACPP Galicia que reforza o carácter multicultural da iniciativa.
“Mariscando conCiencias para o Futuro” é un proxecto promovido por Amarturmar, Artelixo, Future Oceans Lab (UVigo), Cidadania S. Coop. Galega e o Concello de Redondela, contando co financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso.
There is no Event
Talleres de Emprego
É un programa mixto de formación e emprego, público e gratuíto, promovido polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia, dirixido a mellorar a ocupabilidad das persoas desempregadas, en actividades de utilidade pública ou interese social.
As persoas desempregadas participantes nun taller de emprego reciben unha formación suxeita a certificados de profesionalidade combinada coa experiencia laboral realizando unha obra de utilidade pública ou interese social.
Persoas desempregadas e rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia que teñan unha idade igual ou superior aos 18 anos.
Entre seis e nove meses.
As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Rede de Técnicos de Emprego
É un servizo público e gratuito de asesoramento e información, subvencionado en parte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Pretende potenciar as iniciativas empresariais no Concello que orixinen novos postos de traballo.
- Detección de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio
- Asesoramento e apoio para a creación de empresas:
- Información sobre axudas e liñas de financiamento para os emprendedores.
- Asesoramento e apoio para a creación de empresas:
- – Análise da idea inicial e información.
- – Apoio na elaboración do proxecto empresarial.
Dirixido ás persoas que teñen unha iniciativa empresarial e queren crear unha empresa no Concello
O servizo de asesoramento a emprendedores/as do Concello de Redondela está en funcionamento todo o ano con cita previa.
Redondela Emprega
Bolsa Municipal De Emprego
Para inscricións novas na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:
- Deberán contactar por teléfono 986402664 ou por mail aedl@redondela.gal
- para concretar a forma de inscrición. Priorizarase a inscrición de forma telemática.
Para actualizacións de cv na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:
- Enviarase o cv actualizado, en pdf, ao mail: aedl@redondela.gal
- Para outras consultas: 986402664 ( De 9:00 a 14:00 horas)
É un servizo municipal, público e gratuíto de busca activa de emprego.
A.- Para as persoas desempregadas:
- Rexistro das persoas demandantes na bolsa de emprego, despois de manter unha entrevista na que se detecten as súas condicións de ocupabilidade
- Información sobre distintos aspectos relacionados co emprego.
- Tramitación de ofertas de emprego
- Recollida no taboleiro do servizo de boletins de emprego, convocatórias públicas relacionados con políticas activas de emprego, etc..
B.- Para as empresas:
- Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.
- Prácticas Formativas: posta a disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se inserten laboralmente.
Dirixido ás persoas empadroadas que buscan emprego ou queren mellorar a súa situación profesional.
Dirixido ás empresas que buscan candidatos para os seus postos de traballo.
Para inscricións: Solicitarase cita previa, ben presencialmente nas instalacións, ben telefonicamente 986402664 ou por email aedl@redondela.gal
Para modificacións, lunes a viernes de 9:00 a 14:00 horas na oficina ou no enderezo electrónico aedl@redondela.gal
Plan de emprego do Concello de Redondela
É un servizo municipal, público e gratuíto que pon en marcha a Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela subvencionado en parte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia.
Consiste na selección dun grupo de persoas desempregadas que participarán de forma activa nun proceso de capacitación e busca do seu propio emprego.
O Plan Integrado de Emprego, a través de diferentes medidas, promove a estabilidade laboral no traballo e a inserción das persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.
Para esta labor, diferentes áreas traballan dunha forma coordinada e integral.
A.- Para as persoas desempregadas:
Orientación laboral ás persoas usuarias:
- Atención personalizada.
- Elaboración da diagnose de ocupabilidade.
- Deseño de itinerarios personalizados de inserción.
- Accións grupais de desenvolvemento persoal, novas tecnoloxías da información e comunicación, formación para o emprego e técnicas activas de busca de emprego.
- Asesoramento e apoio na busca activa de emprego por conta propia e por conta allea
Formación:
- Inserción laboral orientado ás empresas do noso entorno.
- Coñecemento das necesidades de persoal do tecido empresarial.
- Axustar a formación das persoas participantes no PER ás necesidades das empresas.
- Creación dunha rede estable de interrelación entre o concello e as empresas
- Tramitación de ofertas de emprego
- Realización de Convenios de Colaboración en prácticas
- Remisión de autocandidaturas.
B.- Para as empresas:
Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.
Formación Específica: accións de formación a medida, negociada directamente coas empresas e financiada polo Plan Integral de Emprego sempre que exista un compromiso de contratación
Prácticas Formativas: posta a disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se inserten laboralmente.
Información e Asesoramento: apoio e información sobre as subvencións e incentivos á contratación e de todas as medidas de fomento de emprego.
Este plan oriéntase a un grupo de persoas desempregadas que estean dispostas a implicarse dunha forma activa nun proceso de capacitación e busca de emprego derivadas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Este plan oriéntase a un grupo de persoas desempregadas que estean dispostas a implicarse dunha forma activa nun proceso de capacitación e busca de emprego derivadas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.