Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Monte Penide

Monte Penide, tamén coñecido como Monte Mirallo, atesoura no seu interior importantes xacementos arqueolóxicos representativos de, nada menos que, 4.000 anos de prehistoria.

A planicie de Monte Penide conformouse como un lugar de paso dende a prehistoria, dando lugar á instalación de diferentes culturas ao longo do tempo e evolucionando con elas. Hai achados paleolíticos en superficie moi dispersos, que testemuñan unha ocupación moi antiga do territorio, posiblemente dende o Paleolítico Inferior no período do Pleistoceno (hai máis de 100.000 anos).

Máis visibles son os restos deixados polas comunidades prehistóricas máis recentes.

Como chegar

Compartir