Skip to main content

Concello de Redondela

Igualdade

A área da Muller e Igualdade do Concello de Redondela ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación, xa que o Departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes, competen a mulleres e homes.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

O Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista que acollerá traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro del año pasado e o 31 de agosto de este ano.

Poderanse presentar aqueles e aquelas xornalistas, maiores de idade, que asinen noticias co requisito sinalado na primeira destas bases.
Poderán presentar tamén propostas e candidaturas os xornais, radios ou televisións. Neste caso, de resultar premiado o traballo, a beneficiaria e quen recibirá o premio será a persoa autora do traballo.
Só se poderá presentar un traballo por persoa. No caso de coexistir un traballo presentado polo/a autor/a e outro ou o mesmo dese/a autor/a proposto/a por calquera entidade, prevalecerá a candidatura do/a autor/a, rexeitándose a presentada polo xornal, radio ou televisión, respectándose así a Lei de propiedade intelectual (RDL 1/1996, do 12 de abril).
Os traballos presentaranse en lingua galega ou castelá, valorándose con maior puntuación os realizados en lingua galega.

A alcaldesa, Digna Rivas, visitou ao alumnado e profesorado que comezaron o curso.

– A iniciativa, impulsada pola concellería de Igualdade, tivo unha excelente acollida por parte da veciñanza, o que levou ao Concello a aumentar o número de prazas dispoñibles . O obxectivo principal é “avanzar cara a un municipio máis inclusivo, facilitando ferramentas de comunicación que eliminen barreiras”.

Concello de Redondela iniciou este mes as clases do novo curso de lingua de signos, unha acción formativa que arrincou cunha valoración moi positiva e unha gran motivación por parte de todos os asistentes. A convocatoria espertou moito interese e completou todas as prazas ofertadas, polo que a concellería de Igualdade ampliou as vacantes para dar resposta a todas as solicitudes.

Cun perfil de alumnado moi diverso, de diferentes idades e sectores profesionais, o curso foi deseñado para ofrecer unha introdución práctica e accesible a esta lingua. Os participantes amosaron un gran compromiso coa aprendizaxe, destacando a calidade dos contidos e a necesidade de promover este tipo de formación en Redondela.

A alcaldesa, Digna Rivas, visitou ao alumnado do curso no Multiusos da Xunqueira, e sinalou que o éxito desta convocatoria demostra “a sensibilidade e o interese real da poboación por construír unha sociedade máis xusta”. Rivas sinala que a lingua de signos non é só unha ferramenta de comunicación, senón “unha chave fundamental para a inclusión e o respecto á diversidade”. Para o Goberno local este tipo de proxectos son “prioritarios” para garantir que Redondela sexa un municipio accesible para todos e todas.

A administración local imparte tamén un curso específico de nocións básicas en lingua de signos dirixido ao persoal municipal. Con esta iniciativa a concelleira de Igualdade busca garantir unha atención ao público accesible. O Concello reafirma así o seu compromiso coa eliminación de barreiras e avanza que, dada a boa resposta recibida, valorarase a posta en marcha de novas edicións ou niveis máis avanzados de cara ao futuro.

Entrega do premio na pasada edicióndo Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético.

No certame, dotado cun premio de 1.500 euros, poden partiipar traballos publicados en calquera formato que fuxan do morbo e protexan a intimidade das vítimas e as súas familias. O prazo para presentar candidaturas está aberto ata o 30 de setembro.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca que o premio busca “antepor a ética profesional e o respecto ás vítimas a calquera outra consideración. Non se trata só de informar, senón de facelo con responsabilidade para axudar a combater a violencia”.

O Concello de Redondela, a través do seu Servizo de Igualdade, abriu o prazo de inscrición para o VI Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Este galardón, xa consolidado como un referente a nivel autonómico e estatal, naceu co firme propósito “de visibilizar e recoñecer o labor daqueles profesionais da comunicación que abordan a violencia de xénero e vicaria con rigor, respecto absoluto pola intimidade das vítimas e un firme compromiso social”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. A rexedora subliñou a enorme transcendencia que teñen os medios á hora de modelar a percepción social deste problema: “Na profesión xornalística é moi fácil caer en tópicos ou enfoques morbosos ao informar sobre crimes machistas. Con este certame queremos premiar a quen antepoñen a ética profesional e o respecto ás vítimas ao sensacionalismo ou calquera outra consideración. Non se trata só de informar, senón de facelo con responsabilidade para axudar a combater a violencia”.A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, fixo fincapé na necesidade de manter viva a esixencia de calidade nos contidos mediáticos: “A figura de Sesé Mateo, asasinada en 2017, lémbranos que detrás de cada cifra hai historias humanas e familias esnaquizadas. Hoxe en día queda moito por mellorar no ámbito do xornalismo co respecto ao tratamento da violencia contra as mulleres e as súas crianzas. Precisamos pezas informativas que aporten contexto, que acudan a profesionais especializados e que difundan os recursos públicos de prevención e denuncia”. Da man do seu fillo, Joshua Mateo, o Concello de Redondela creou este galardón que se celebra anualmente e que se falla en novembro, mes no que se celebra o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Un palmarés marcado polo rigor e o compromiso social

Neste tempo o Premio Sesé Mateo converteuse nun referente do xornalismo de investigación humano e profesional. Na primeira edición, en 2021, o premio foi para a xornalista Patricia Costa por unha reportaxe en RNE sobre o funcionamento do sistema VioGén. En 2022 o recoñecemento foi para a xornalista Cristina García López cun pódcast sobre as violacións por submisión química da Radio Galega. Ana González Liste gañou a terceira edición pola investigación do seguimento policial telemático ás vítimas en Galicia, publicada en Praza Pública. En 2024 foron as xornalistas Macarena Baena e Laura de Grado as premiadas polo proxecto multimedia “Desprotegidas”, da revista Efeminista, da axencia EFE, sobre a vulnerabilidade das mulleres migrantes. Na última edición, as xornalistas Cláudia Morán, Marta Otero e Marta Veiga gañaron coa peza “Todas as veces que foron un non”, unha profunda radiografía sobre a violencia sexual editada na Revista Luzes.

Requisitos e dotación económica

O premio conta cunha categoría única dotada con 1.500 euros en metálico. Poderán concorrer a el pezas xornalísticas de calquera xénero (noticias, artigos de opinión, reportaxes ou entrevistas) que teñan sido publicadas ou emitidas en medios impresos, radiofónicos, audiovisuais ou dixitais entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026. Cada profesional poderá presentar un máximo dun traballo, tanto en lingua galega como en castelán.

O prazo de inscrición rematará o vindeiro 30 de setembro de 2026. As solicitudes poden tramitarse de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello ou a través da súa sede electrónica. No caso de empregar outros rexistros públicos, as persoas interesadas deberán remitir unha copia cotexada da documentación ao enderezo electrónico igualdade@redondela.gal para asegurar a súa correcta inclusión no proceso de selección.

There is no Event

Mujer e Igualdad

SERVIZOS E RECURSOS

Grupo de Autoestima:

Obxectivo Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.

Información: Centro de información ás mulleres (CIM).

OPERACIÓN CO-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Promover la igualdad, la salud y la inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro

UE

Programa Municipal de conciliación:

Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.

Poboación destinataria familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Información: Centro de información á muller (CIM).

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade do Departamento de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade, segundo o Plan solidariamente Responsables para o ano 2023:

CIM

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado

É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.

O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
  2. O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  3. A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
  4. O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias

O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicológica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade

Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións

  • Servizo psicolóxico.
  • Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
  • Servizo xurídico.
  • Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
  • Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.

O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de atención psicolóxica: De luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de asesoramento xurídico:Martes, xoves e venres de 09.00 a 14.00 horas.

Servizo de asesoramiento en igualdade e atención ao público: De luns a venres de 08.00 a 14.30 horas

Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:

1. Elaboración e redacción de material didáctico en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

2. Espazo de igualdade Entroido de verán 2025.

3. Espazo de igualdade Festa de fin de ano 2025.

4. Material Espazo de igualdade.

5. Obradoiro Falemos de sexo.

6. Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende a perspectiva de xénero: violencia estética.

7. Obradoiro Plataformas dixitais e sexualidade: novos espazos de control e violencia.

8. Servizo de atención e coidado inmediato.

9. Programa Escola de familias: Previr dende o fogar.

10. Espectáculo Desexo.

11. Espectáculo Sophie non é o meu nome de guerra.

12. Programa Educando en igualdade.

13. Programa Xeración Violeta.

14. Formación Curso de intervención policial en VIOGÉN: Psicoloxía da intervención e defensa policial en espazos pechados.

15. Atención policial a vítimas de violencia de xénero.

1. Punto Violeta e Punto Arco Iris Entroido de verán 2024.

2. Protocolo fronte ás agresións sexuais no ocio nocturno.

3. Espectáculo Sempre hai saída.

4. Obradoiro Falemos de sexo.

5. Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende a perspectiva de xénero: violencia estética.

6Espectáculo Contacontos Aitana e a avoa, e outros contos violetas.

7. Adquisición de material para a actividade Porta Violeta.

8. Charla Violencia machista no entorno dixital.

9. Programa Educando en igualdade.

10. Programa Xeración Violeta.

11. Espazo de igualdade Entroido 2025.

12. Curso Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

13. Formación Seguridade e protección de datos na intervención policial por violencia de xénero.

14. Espazo de igualdade Festa do Choco 2025.

15. Espazo de igualdade Festa da Coca 2025.

16. Taller Tecnoloxía e novas formas de violencia de xénero.

17. Espectáculo Cambia o conto.

18. Atención policial a vítimas de violencia de xénero.

1. Punto Violeta Entroido de verán 2023.

2. Actuación de sensibilización e prevención da violencia de xénero.

3. Roteiro As Mulleres da Vila.

4. Espectáculo Marcho que teño que marchar.

5. Espectáculo Sen medo.

6. Charla Falemos de sexo: adolescencia e pornografía..

7. Formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno.

8. Punto Violeta Festa Pre fin de ano 2023.

9. Obradoiro Falemos de sexo..

10. Roteiro Mulleres de Redondela e Chapela..

11. Formación en igualdade para persoal electo do Concello de Redondela.

12. Formación en igualdade para alumnado de Formación Profesional.

13. Punto Violeta Festa do Choco 2024.

14. Punto Violeta Festa da Coca 2024.

15. Campaña E ti, por que loitas?

16. Charla Concienciando en TIC’s Seguras..

17. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.

  1. Punto Violeta Entroido de verán 2022.
  2. Punto Violeta Fiesta pre fin de ano 2022.
  3. Espectáculo Tabú.
  4. Punto Violeta Entroido 2023.
  5. Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
  6. Obradoiro Xeración Violeta.
  7. Material Punto Violeta.
  8. Libretiñas.
  9. Obradoiro Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
  10. Punto Violeta Festa do Choco 2023.
  11. Punto Violeta Festa da Coca por 2023.
  12. Mural contra a violencia machista
  13. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
  1. Programa “Mulleres en rede”.
  2. Punto Violeta Festa da Coca.
  3. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Punto de lilás entroido de verán.
  2. Conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres)
  3. Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
  4. Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
  5. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.

Actuacións financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y para la Erradicación de la Violencia contra las Mujeres.

logopactoestadocolor

Plan Corresponsables

Actuacións financiadas para o ano 2022:

  1. Programa “Quédome con Simona”.
  2. Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.

 

Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.

Compartir