O Concello de Redondela inaugura un novo servizo a disposición de toda a cidadanía. Baixo o lema "O Concello escoita" o goberno local ofrece aos veciños e veciñas un servizo de atención directa en todos os departamentos municipais. A rexedora local, Digna Rivas, explica que "coa intención de facer un goberno de proximidade, que poida escoitar as inquedanzas das veciñas e veciños de Redondela dun xeito máis directo e próximo, poñémonos a disposición de toda a cidadanía. Para ofrecer unha atención o máis ampla posible, estaremos abertos ás súas consultas, queixas ou suxestións tanto en horario de mañá como de tarde". Deste xeito todos os que o desexen poderán achegarse á Casa do Concello e falar directamente cos concelleiros e concelleiras, e tamén coa alcaldesa Digna Rivas. Este servizo de atención ao público ofrécese sen necesidade de cita previa por parte da alcaldesa e as concelleiras e concelleiros, agás no departamento de Infraestruturas e Sostibilidade, para o que se precisa reserva previa nalgúns dos horarios establecidos.
|
|
DIGNA ROSA RIVAS GÓMEZAlcaldesa Concelleira de Normalización lingüística |
Luns de 10:00 a 13:00 horas Luns de 17:00 a 20:00h horas Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 082 428
|
![]() MARIA DEL PILAR MARTÍNEZ GONZÁLEZConcellería de Persoas Maiores e Infancia, Sanidade e Medio Ambiente |
Martes de 10:00 a 13:00 horas Xoves de 17:00 a 20:00 horas Lugar: Martes planta baixa do Concello. Xoves 1ª planta do Concello. Teléfono 604 026 069 |
![]() ANTONIO CABALEIRO COVELOConcellería de Economía e Facenda, Emprego, Transparencia e Novas Tecnoloxías e Transición enerxética, Urbanismo |
Xoves de 10:00 a 13:00 horas Martes de 17:00 a 20:00 horas Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 074 741 |
![]() MARIA RITA PÉREZ TÁBOASConcellería de Persoal (excepto xefatura superior), Interior e Seguridade, Cultura, Turismo e Patrimonio |
Luns de 10:00 a 13:00 horas Luns de 17:00 a 20:00 horas Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 082 430 |
![]() PEDRO VILLAVERDE CAMPOSConcellería de Parques e Xardíns, Benestar Comunitario, Feiras e Mercados |
Martes de 10:00 a 13:00 horas Venres de 17:00 a 20:00 horas Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 065 679
|
![]() IVÁN VALLES RODRÍGUEZConcellería de Deportes, Ensino e Conservatorio e Xuventude |
Xoves de 10:00 a 13:00 horas Mércores de 17:00 a 20:00 horas Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono 604 034 253
|
![]() IRIA VILABOA ÁLVAREZConcellería de Servizos sociais comunitarios, Igualdade, Participación cidadá e Parroquias |
Martes de 10:00 a 13:00 horas - Lugar: Edificio de Servizos Sociais Xoves de 17:00 a 20:00 horas - Lugar: 1ª planta do Concello Teléfono 604 038 653
|
![]() ROBERTO VILLAR RODRÍGUEZConcellería de Infraestruturas e Sostibilidade (Vías e obras, Alumeado público, Abastecemento de auga e saneamento, etc)
|
Martes de 10:30 a 11:30 horas con cita previa, de 11:30 a 12:30 horas sen cita previa Mércores de 17:00 a 19:00 horas con cita previa Xoves de 10:30 a 11:30 horas con cita previa, de 11:30 a 12:30 horas sen cita previa Lugar: 1ª planta do Concello. Teléfono para cita previa 986 400 300
|