3. Alcaldesa

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Digna Rosa Rivas Gómez

Estimada amiga, estimado amigo

Esta é a casa virtual do Concello de Redondela. Quero darche a benvida a ela. Aquí atoparás a información fundamental para coñecer a actividade do noso municipio, os departamentos de atención pública e toda a actualidade.

Redondela está sempre en plena actividade laboral e creativa. O dinamismo de tantas iniciativas é unha marca inconfundible da nosa veciñanza. Na vila e nas parroquias existen diversas ofertas de lecer. Unha mostra do carácter, impulso e innovación constante.

Esta páxina quere ser unha ferramenta de comunicación coa veciñanza. A Administración local ten como principal tarefa o voso benestar. Por iso ofrecemos nesta web mecanismos de diálogo para recoller as vosas opinións.

Por último, gustaríame indicar que Redondela é un concello implicado na acción lingüístico-cultural, social e feminista. Sentimos unha profunda fachenda por isto porque é o resultado dunha participación cidadá que fai do noso municipio un lugar de referencia para toda Galicia.

  Contacta