1. Acceso a Informacion

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Preguntas frecuentes sobre petición de información pública

A continuación, toda a información relacionada co dereito de acceso á información pública:

Que se entende por información pública?

Todos os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu soporte ou formato, que obren en poder da Administración e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.

Pódese pedir calquera información?

O dereito de acceso á información está suxeito a certos límites que teñen como obxectivo protexer outros intereses lexítimos que poden quedar desprotexidos. É dicir, os límites existen para protexer información que non debe ser pública porque, se o fose, podería afectar a outros intereses privados ou público.

Podo solicitar información xeral do meu Concello a través deste procedemento?

Para solicitar información xeral e especializada sobre os servizos públicos do seu municipio e a xestión de determinados trámites administrativos, debe facelo facelo mediante o rexistro municipal.

Se o que desexa é coñecer o estado de tramitación de calquera expediente administrativo no que vostede teña a condición de interesado, pode facelo a través do Servizo de Consulta de Expedientes, na web municipal correspondente ou ben contactar directamente coa unidade xestora do procedemento.

 

Transparencia Municipal