ARQUIVO CONCELLO DE REDONDELA
Dirección: Casa do Concello, planta baixa
r/ Alfonso XII nº 2, Redondela C.P. 36800
Tlfno: 986400300 (extensión 230)
arquivo@redondela.gal
arquivoaudiovisual@redondela.gal
Responsable do Arquivo municipal: Ana Gesteira Ponce
Horario de atención ó público: Namentres estea instaurado o protocolo de prevención do covid-19 a atención ó público será exclusivamente con CITA PREVIA.
Vídeo presentación do Arquivo municipal de Redondela
ARQUIVO DOCUMENTAL
![]() |
Un Arquivo é coma unha Biblioteca de expedientes finalizados, documentación administrativa xa tramitada e recordos en forma de papel. Cando un expediente remata, a administración ten a obriga de conservalo, porque ademais de ter información administrativa, é a Historia da nosa vila. O Arquivo municipal, dependente da Concellaría de Cultura, conserva documentación xerada ou recibida polo Concello de Redondela: correspondencia, licenzas de obras, de actividades, libros de actas de Pleno (dende o 1878), padróns municipais de habitantes (dende o 1920), festas da Coca (dende o 1943), etc... ata a documentación de hoxe en día. |
No Arquivo do Concello de Redondela custodiamos 8.859 caixas que conteñen no seu interior 76.178 expedientes tocantes ós seguintes temas dende o ano 1848 ata hoxe.
ACCESO: Dacordo coa lexislación actual, e previa solicitude en papel (Rexistro municipal) ou telemática (Sede Electrónica).
DIFUSIÓN: A través da información puntual distribuida na rede, mediante as seguintes páxinas:
Facebook Arquivo municipal: Blog Arquivo municipal:
Información sobre o Arquivo na
Memorias anuais de traballo no Arquivo Documental
ARQUIVO AUDIOVISUAL
Dentro do Arquivo documental, nace no ano 2015 nace o Arquivo Audiovisual, dentro da Concellaría de Cultura, encargado de recopilar, dixitalizar conservar e difundir as Fotografías de Redondela que puideran existir nas casas particulares.
Ata o día de hoxe conservamos unhas 1900 fotografías que poderás consultar nas nosas dependencias (previa solicitude). Parte do fondo do Arquivo audiovisual pódese consultar, tamén online, a través do blog. Todas as fotografías aquí expostas son de libre consulta, e libre uso, cunha salvedade: Sempre que se usen (en publicacións, reproduccións, exposicións,...) deberá sinalarse con claridade a propiedade das mesmas: "Fotografía do Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela; Fondo propiedade de D/Dª XXX".
Para ceder temporalmente as túas fotografías para a súa dixitalización e difusión, só tes que te poñer en contacto con nós.
DIFUSIÓN: A través da información puntual distribuida na rede, mediante as seguintes páxinas:
Facebook Arquivo audiovisual: Blog Arquivo audiovisual:
No buscador ATOPO, poderás atopar información sobre as imaxes do Arquivo Audiovisual.
No blog poderás visualizar todas as fotografías ordenadas polos fondos das seguintes persoas:
O fondo fotográfico 37. Fotsca (Carlos Alonso) está sendo dixitalizado gracias á subvención concedida ó Concello de Redondela por parte da AMTEGA, Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, da Xunta de Galicia. Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo europeo de desenvolvimiento regional (FEDER) en el programa operativo Feder Galicia 2014-2020.