O Departamento de Muller e Igualdade ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación. O departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes e competen a mulleres e homes.
Horario de atención:
Persoal: de 08.00 a 14.30 h.
Telefónica: de 08.00 a 14.30 h.
SERVIZOS E RECURSOS
GRUPO DE AUTOESTIMA
Obxectivo: Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.
Información: Centro de información ás mulleres (CIM).
Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social
PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN
Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.
Poboación destinataria: familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
Información: Centro de información á muller (CIM).
Operación financiada pola Unión Europea, a través do FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Conseguir formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden. |
Principios de actuación
O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:
1º O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
2º O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
3º A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
4º O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.
Funcións
O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:
- Información e asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
- Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
- Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
- Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
- Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
Servizos
- Servizo psicolóxico.
- Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
- Servizo xurídico.
- Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
- Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.
- Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións.
Horario
O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.
- Servizo psicolóxico.
Luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas
(Para asistir a este servizo cómpre concertar unha cita previa, agás se o caso require dunha actuación urxente).
- Servizo xurídico.
Martes, Xoves e Venres de 08.00 a 14.30 h
(Para asistir a este servizo cómpre concertar unha cita previa, agás se o caso require dunha actuación urxente).
- Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres
Préstase de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.
Contacto Redondela
Enderezo: Rúa 8 de Marzo, 3 baixo, 36800 Redondela
Teléfono: 986 40 80 43
Enderezo electrónico: igualdade@redondela.gal
Oficinas Chapela
Enderezo: Avenida de Redondela, 17 (baixos do Pavillón)
Teléfono: 986 45 89 93
Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:
Actuacións financiadas para o ano 2018:
1.- Punto Lila Entroido de verán
2.- Conmemoración do 25 de Novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller)
3.- Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
4.- Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
5.- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
Actuacións financiadas para o ano 2019:
1.- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
Actuacións financiadas para o ano 2020:
1.- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
Actuacións financiadas para o ano 2021:
1.- Programa "Mulleres en rede".
2.- Punto Violeta Festa da Coca.
3.- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
Actuacións financiadas para o ano 2022:
1.- Punto Violeta Entroido de verán 2022.
2.- Punto Violeta Festa pre fin de ano 2022.
3.- Espectáculo Tabú.
4.- Punto Violeta Entroido 2023.
5.- Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
6.- Obradoiro Xeración Violeta.
7.- Material Punto Violeta.
8.- Libretiñas.
9.- Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
10.- Punto Violeta Festa do Choco 2023.
11.- Punto Violeta Festa da Coca 2023.
12.- Mural contra a violencia machista.
13.- Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
Actuacións con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.
Plan corresponsables.
Actuacións financiadas para o ano 2022:
1.- Programa "Quédome con Simona".
2.- Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.
Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.