Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Biblioverán en Galicia

Bibliotecas de Redondela
30-06-2020
0
Biblioverán en Galicia

As bibliotecas de Redondela están a participar nunha nova iniciativa desenvolvida por un grupo de case 40 bibliotecas municipais galegas que se puxo en marcha o pasado 23 de xuño baixo o slogan#biblioveranengalicia. Cada día, de luns a venres ás 12:00 h., unha das bibliotecas participantes publica co cancelo #biblioveranengalicia unha imaxe coa que dar a coñecer as características máis representativas do seu concello a través de fotografías dos lugares máis emblemáticos xunto con libros que fan referencia aos mesmos. Esa publicación compártese á mesma hora e día polas restantes bibliotecas participantes. Promover o turismo pola nosa terra durante esta tempada estival, animando a coñecer os recunchos que quedan por descubrir, é a finalidade desta actividade como queda plasmado na mensaxe difundida polos participantes.

http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/06/biblioveranengalicia.html