Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Rede Natura 2000. Unha andaina pola biodiversidade da enseada

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
25-08-2020
0
Rede Natura 2000. Unha andaina pola biodiversidade da enseada

Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural.

A ciencia separase en investigación é divulgación. Mentres a investigación fai avanzar o coñecemento, a divulgación intenta expandir na sociedade este novo coñecemento. Neste grupo de expansión atópase a cidadanía, a cal temos que chegar cunha linguaxe próxima e achegada.

Por iso dende a Concellería de Medio Ambiente co lema “ A nosa biodiversidade o seu legado” vanse poñer en marcha, unha serie de actuacións informativas e charlas divulgativas para poñer en valor a Enseada de San Simón que se atopa dentro da Rede Natura 2000 .

Natura 2000 é unha rede europea de áreas de conservación natural. A súa finalidade é asegurar a protección a longo prazo das especies e o seu hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade.

Debido o debate público causado pola nova xestión das algas nas praias do concello que pretende buscar un equilibrio entre o uso público e a conservación dos areais, unha serie de paseos polo litoral de cesantes sobre as algas na “Intermareal” serán as primeiras actividades divulgativas programadas. Pero como non só de algas se vive na enseada a xeoloxía, aves, especies mariñas, plantas, arribada de residuos e elementos leñosos...

Serán outros temas a tratar en vindeiras citas divulgativas.

Por iso agardámosvos no porto de Cesantes para dar un paseo educativo con FAIA Educación Ambiental que dinamizará as actividades os días 29 de agosto; e o 5 e 19 de setembro de 2020. Importante Debido o COVI-19 por medidas de aforo, organización e seguridade e preciso inscribirse previamente.

 

Inscripción de balde en:

turismo@redondela.gal

No 986.400.300. Turismo. Horario: de 11 h a 14 h

Presencialmente, na oficina de turismo do concello de 11 h a 14 h e de 15 a 19 h