Skip to main content

Concello de Redondela

Cursos de informática de verán para nen@s

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante a segunda quincena de xuño, a través da Aula CeMIT de Redondela , cursos totalmente gratuítos dirixidos anenas e nenos de entre 7 e 10 anos para adquirir competencias dixitais e que abarcarán diferentes ámbitos da informática.

As formacións do 13 ao 30 de xullo son as seguintes:

GRUPO 1: de LUNS a XOVES – 10.00 a 11.30hs. – para nen@s de 7 a 8 anos.
PROGRAMACIÓN:

  • Sistemas Operativos: Linux e Windows 11
  • Tux Paint
  • Tux Typing
  • KolourPaint
  • Actividades en Internet: xogos educativos.
  • Programa educativo GCompris
  • Actividades que desenvolven a vista, o oído, o razoamento e a asociación de ideas.
    • Crebacabezas
    • Busca de palabras
    • Encrucillados
    • Adiviñas
    • Comprensión lectora

GRUPO 2: de LUNS a XOVES – 12:00 a 13:30 h. – Para nen@s de 9 a 10 anos.
PROGRAMACIÓN:

  • Sistemas operativos: Linux e Windows 11
  • Ficheiros e cartafoles, personalizar o fondo, crear iconas
  • Creación de contidos:
    • LibreOffice
    • Writer
    • Draw
    • Impress
  • Contido multimedia:
    • Photofancy
    • Collage
  • Navegación por Internet: navegación segura

 

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS VENRES XULLO

Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela.

A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

FICHA DE INSCRICIÓN NEN@S xullo 2026 REDONDELA

PROGRAMACION Cursos nen@s verán 2026

Compartir