O histórico líder cántabro, Miguel Ángel Revilla, ofreceu onteunha charla memorable en Redondela ante un auditorio ateigado que colgou o cartel de completo. Acompañado pola alcaldesa, Digna Rivas, Revilla fixo gala do seu carisma nun acto que alternou a reflexión íntima coas anécdotas que provocaron as gargalladas dos asistentes. Aos seus 83 anos, Revilla realizou un fondo repaso da súa biografía, emocionando ao público ao lembrar as súas orixes humildes na localidade cántabra de Salceda. Narrou a dureza da súa infancia e o papel que tivo na súa traxectoria a súa familia. Repasou o seu paso polo Goberno de Cantabria (en dúas etapas entre 2003 e 2023) e anécdotas cos persoeiros aos que tivo ocasión de coñecer.
Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas agradeceu a visita de Revilla a Redondela, onde hoxe ofreceu o pregón da Festa do Choco. A rexedora destacou a súa xenerosidade “por compartir o seu legado persoal e político”, destacando a súa capacidade para conectar coa xente do común, e ser “un referente” para varias xeracións.


