Por orde alfabética
Déborah Alfaya Gottschalk
Deborah Alfaya, estuda coa súa nai Hannelore Gottschalk, ata os 15 anos, cando é bolseira en Madrid por Eva Borg, onde continua a súa formación á vez que baila no Ballet da Unicef, pasando logo a formar parte do recentemente fundado Ballet Nacional Clásico de España BNC, baixo a dirección de Victor Ullate.
Está titulada en pedagoxía da danza polo Real Conservatorio de Madrid e o Teaching Certificate da Royal Academy of Dance.
Comeza a súa traxectoria como mestra de danza en Vigo, fundando daquela as súas escolas en Redondela e Pontevedra, onde vén impartindo clases desde 1984.
Crea deste xeito a "Escuela de Danza Deborah" canle da actividade de Ballet clásico e Danza contemporánea. Difunde a súa arte en movemento dende as súas aulas de Redondela (Centro Recreativo Cultural de Redondela) e en Pontevedra.
CONTACTO: Mail: danzadeborah@gmail.com Teléfono: 986 400 256 (fixo) 650733739 (móvil)
ENLACES WEB:

O Carballo das Cen Pólas
A Agrupación Folclórica O Carballo das Cen Pólas naceu no ano 1978 formado por mozos e mozas de Reboreda e vinculado á Sociedade Labrego Cultural da parroquia. Despois de varios anos sen actividade, a Asociación inicia novamente a súa andaina no ano 1993 baixo unha nova concepción de baile e música.
A Escola de baile atópase formada por bailadores e bailadoras de distintas idades, dende cativos/as ata maiores, dirixida por Luis Canal.