Fondo Galego

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE:

O Concello de Redondela forma parte, desde xaneiro de 1999, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia e coa vontade común de contribuír á erradicación das desigualdades Norte-Sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia.

Entre os obxectivos desta asociación están contribuir ao desenvolvemento dos países empobrecidos, posibilitar que as administracións locais podan ser partícipes das políticas de cooperación ao desenvolvemento e apoiar e xestionar proxectos e programas nestes países, con criterios de desenvolvemento sostible, igualdade, defensa dos dereitos humanos e mutua colaboración.


http://www.fondogalego.gal