Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

15 días do Facebook do Concello de Redondela

Concellaría de Novas Tecnoloxías. Concello de Redondela
16-04-2020
0
15 días do Facebook do Concello de Redondela

O pasado 1 de Abril, dende a Concellaría de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, creouse unha páxina de Facebook. Mediante esta ferramenta o Concello de Redondela pretendeu usar a rede social por antonomasia hoxe en día para difundir as novas e informar á veciñanza do que acontece no municipio.

Despois dos problemas xurdidos polo peche do anterior Facebook municipal, a nova corporación viuse na obriga de estudiar as posibles opcións. Deste xeito chegouse á conclusión de que abrir un novo Facebook e partir de cero na captación de usuarios/as sería o mais adecuado.

Deste xeito, o pasado 1 de Abril comezou a andar o Facebook municipal, desta vez xestionado íntagremente por persoal da plantilla do Concello. Unha campaña de difusión en diferentes plataformas, e outros Facebooks municipais que si se conseguiron manter (Facebook de Cultura, Turismo, Bibliotecas municipais, etc...) deu a coñecer dun xeito cercano a existenza desta ferramenta online. 

Hoxe cumple 15 días do seu nacemento, e a rede social municipal conta xa con 2022 persoas que seguen os comunicados, información, e novas municipais. 

Por iso dende a Concelleira de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, Susana Couñago Andrés, transmiu a súa satisfacción e o seu agradecemento pola boa acollida que ten a nova rede social, e agarda que o traballo de difusión, faga que a páxina aumente en seguidoras e seguidores nos vindeiros meses. 

Facebook Concello de Redondela:   Facebook municipal