Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela suma 36 casos de violencia de xénero con seguimento policial

Concello de Redondela
31-01-2024
0
Redondela suma 36 casos de violencia de xénero con seguimento policial

Dos 36 casos que se rexistran actualmente en Redondela no Sistema VioXén só un deles ten contemplado un risco alto para a vítima, 9 están en nivel medio e 11 en nivel baixo. Para estas mulleres existen ordes de protección. Hai 16 vítimas co servizo de atención móbil ATEMPRO e dúas co dispositivo de xeolocalización COMETA. Moitas das mulleres vítimas con seguimento de VioXén seguen a estar no sistema ao longo do tempo. “Hai casos que se manteñen durante anos, o seguimento é constante e danse altas e baixas segundo a situación das vítimas”, sinala a edil Iria Vilaboa. A alcaldesa Digna Rivas salienta a importancia de formar parte do Sistema VioXén, xa que “permite aglutinar esforzos das diferentes institucións competentes en materia de violencia de xénero e integrar toda a información dos diferentes casos, co que a atención as vítimas e o seu seguimento é máis eficaz”.

A día de hoxe no municipio de Redondela existen 36 casos activos de violencia de xénero, segundo datos recollidos no Sistema VioXén, o programa de seguimento integral de vítimas. O ano 2022 pechárase co 28 casos activos. Desde a concellería de Igualdade explican que moitas das mulleres vítimas con seguimento de VioXén seguen a estar no sistema ao longo do tempo. “Son casos que moitas veces mantéñense no sistema durante anos, o seguimento é constante e danse altas e baixas segundo a súa situación”, sinala a concelleira Iria Vilaboa. A alcaldesa Digna Rivas salienta a importancia de formar parte do Sistema VioXén, xa que este programa “permite aglutinar esforzos das diferentes institucións públicas competentes na materia de violencia de xénero e integrar toda a información dos diferentes casos, co que a atención as vítimas e o seu seguimento é máis eficaz”. Dos 36 casos que se rexistran actualmente en Redondela só nun deles se contempla un risco alto para a vítima, 9 están en nivel medio e 11 en nivel baixo. Para estas mulleres vítimas existen ordes de protección. Nos outros 15 casos non se aprecia risco.

Como medida de protección hai 16 mulleres que contan co Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas de violencia machista (ATEMPRO). Este dispositivo ofrece ás mulleres unha atención inmediata as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal for o lugar en que se atopen. ATEMPRO usa tecnoloxía de comunicación telefónica móbil e de telelocalización e permítelle ás vítimas contactar en calquera momento cun Centro de atención preparado para dar resposta ás súas necesidades. Ante situacións de emerxencia, o persoal do Centro pode mobilizar outros recursos se é necesario.

En Redondela hai actualmente dous casos que contan co sistema COMETA. Trátase dun dispositivo que permite xeolocalizar de forma telemática tanto ao agresor como á vítima para garantir que o que se cumpre a orde de afastamento imposta. Con este sistema faise efectivo o dereito da vítima á súa seguridade, ademais de documentar posibles quebrantamentos da orde de afastamento. O sistema Cometa ofrece información actualizada e permanente sobre o cumprimento ou incumprimento das medidas impostas e das incidencias, tanto accidentais como provocadas. O dispositivo é tamén un xeito de disuadir ao agresor de quebrantar a orde de afastamento.

As autoridades lembran que existen dous teléfonos de axuda e información ás vítimas de violencia machista: 016 e 112.