Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Andaina polo trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Redondela

Concello de Redondela
27-07-2018
0
Andaina polo trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Redondela

Este domingo o Concello de Redondela organiza unha andaina para coñecer o Patrimonio Arqueolóxico que agocha o Camiño de Santiago (Sur) ao seu paso por Redondela.

Non é necesaria prescripción, só aparecer no lugar da saída ás 10:00

-Lugar da saída: Capela de Santiaguiño de Antas (Mos, límite con Redondela) (ver indicacións para chegar dentro do evento).
-Lugar de chegada: Convento de Vilavella (Redondela)

Lonxitude do tramo: 7 km

RECOMENDACIÓN:

Dado que dende o lugar de saída da andaina (Capela de Santiaguiño de Antas, Mos) ao lugar de chegada (Convento de Vilavella, Redondela) hai 7 km, se non queres ter que voltar de regreso a pé, e facer outros 7 km, é recomendable (se é posible) organizarse con outros participantes para deixar un vehículo aparcado no contorno do Convento ;)

Non é un roteiro circular.