Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Artelixo 2021

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
19-04-2021
0
Artelixo 2021

Xa deu comezo o ARTELIXO 2021, iniciativa veciñal capaz de converter os refugallos en arte, e a arte en excusa para reflexionar sobre a saúde do medio ambiente, para denunciar o exceso de verquidos e animar á necesidade imperiosa de reinvertar o que tiramos e darlle unha nova vida.

O Colectivo Artelixo, co apoio da Concellaría de Cultura, comezou o seu proxecto no 2021 levando a cabo unha serie de actos o día 17 en San Martiño de Ventosela: unha andaina pola ruta das pedras, lectura de manifesto, reposición do rabo do cabalo de pedra. Se ben é certo que este colectivo non deixou de organizar actividades ó longo do pasado ano, será durante este mes de Abril cando centren as súas propostas animando á veciñanza a participar.

Dende a pasada fin de semana, toda persoa que se achegue á vila de Redondela poderá desfrutar das creacións artísticas (feitas únicamente con lixo) sembradas ó longo do casco urbano, nas súas rúas, e nos escaparates de moitos establecementos. 

    

Por outra banda, o colectivo completa a exposición polas rúas inaugurando a exposición de Moisés Iglesias que se pode visitar na Sala 1 do Multiusos da Xunqueira (do 16 ó 17 de Maio).