Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Artelixo presenta a Exposición de Moisés Iglesias

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
19-04-2021
0
Artelixo presenta a Exposición de Moisés Iglesias

O Colectivo Artelixo presenta na Sala 1 do Multiusos da Xunqueira a exposición "Re-composicións" de Moisés Iglesias.

Dende o pasado 16 de Abril, a raíz das diversas actividades creadas para o ArteLixo 2021, presentouse no Multiusos da Xunqueira a exposición do artista redondelán Moisés Iglesias.

Segundo as declaracións de Iñaki Tellería Lorenzo "Na obra de Moisés Iglesias Santos podemos adiviñar a súa contorna, o lugar onde recata materiais e obxectos do esquecemento aos que o tempo aportou madurez, calidade e carácter... Fálalles, convénceos e déixalles formar parte desa idea que xorde durante a primeira reunión. Na demanda de composicións ben acabadas, contundentes e sen concesións, o autor alcanza a máxima expresión do espazo e materiais cubertos por texturas, cores, luces e sombras, creando unha obra rriscada e valente, sen medo nin dúbidas, onde se precibe arte, artesanía e bo traballo".

A exposición, con entrada de balde, poderase visitar no propio Multiusos da Xunqueira ata o vindeiro 17 de Maio.

     

Dende a Concellaría de Cultura quérese animar á veciñanza a desfrutar desta exposición, coma unha proposta máis de nivel, dentro do Artelixo 2021.