Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Aqualia pechará a atención ó público o vindeiro 29 de Maio

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
25-05-2020
0
Aqualia pechará a atención ó público o vindeiro 29 de Maio

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, tras recibir un comunicado por parte de Aqualia, quere transmitir á cidadanía de Redondela a seguinte información:

O vindeiro Venres, 29 de Maio do 2020 a oficina de atención ó público ubicada na Avenida Mendiño nº 1 de Redondela, permanecerá pechada pola celebración do día da patroa do sector da Auga.

Pasado este día, o servizo da empresa Aqualia (xestora actual do Servizo Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga do Concello de Redondela), manterase funcionando abrindo a súa oficina co horario habitual.