Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Os 'Axentes do Cambio' representaron a Redondela na constitución do Consello Autonómico de Participación Infantil

Concello de Redondela
25-04-2023
0
Os

Os 'Axentes do Cambio' representaron a Redondela na constitución do Consello Autonómico de Participación Infantil. Carla Acosta representou aos Axentes do Cambio de Redondela no acto celebrado na  Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. A Concelleira de Educación tamén estivo presente para acompañar á moza. Galicia inaugurou o venres 21 de abril o Consello Autonómico de Participación Infantil, no que Carla Acosta, integrante de Axentes do Cambio de Redondela, formou parte. Esta formación autonómica está composta por 30 representantes de nenas e nenos de toda Galicia. Gracias á labor de UNICEF e os concellos que contan co selo de Cidades Amigas da Infancia, púidose crear este grupo recoñecido onde a infancia e a adolescencia cumpriron o seu dereito a ser escoitadas/os nos asuntos que lles afectan a nivel autonómico. As reunión serviu para constituir de forma oficial o Consello, moi demandado polos colectivos da infancia galegos, e nel establecéronse normas como a necesidade de reunirse dúas veces ao ano para presentar propostas ao parlamento. Antes do Consello Autonómico, o xoves 13 de abril, o Concello de Redondela celebrou a segunda reunión plenaria do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia correspondente a este curso escolar. A temática do pleno non era casual, e pretendía dar voz - xa que non teñen voto- a nenos, nenas e adolescentes do noso Concello para expresar as súas preocupacións. Co título: "Propostas imprescindibles ao redor da Infancia e a Adolescencia que deberían incorporar nos seus programas electorais todas as formacións políticas que se presentan ao goberno de Redondela", animaba a escolares de todos os centros de ensino do municipio a expresaren as súas preocupacións e a ofrecer propostas para que, sexa quen sexa que forme o consistorio a partires do 28 de maio, as necesidades da Infancia sexan especialmente atendidas e tidas en conta á hora de elaborar as políticas municipais. 11 centros de ensino do noso concello participaron nesta actividade, que se celebrou no auditorio do Multiúsos da Xunqueira. A alcaldesa, Digna Rivas, oficiou o acto como presidenta da mesma. Concelleiros de todos os grupos políticos con representación  no municipio tamén estaban presentes, xunto con representantes da Federación de ANPAS quenes tomaron boa nota das propostas e observacións dos vogais asistentes. Durante algunhas das intervencións se fixo boa referencia ao grupo Axentes do Cambio, que tamén traballaron sobre esta cuestión, e que estiveron moi pendentes tanto da preparación como do desenvolvemento desta actividade.  Digna Rivas lembrou que un órgano de participación da mocidade “é un órgano activo e dinámico de participación, onde a infancia e a mocidade poidan expoñer as súas ideas e proxectos para que o Concello, posteriormente, os poña en marcha”. A alcaldesa valorou “o compromiso e traballo” que estaba realizando 'Axentes do Cambio' á hora de “estudar os proxectos e de presentar achegas que os melloren, chegando incluso a falar no parlamento”. Na rede social Instagram teñen perfil, co nome @axentesdocambio: https://www.instagram.com/axentesdocambio/ O grupo está aberto á incorporación de calquera rapaz ou rapaza de entre 8 e 18 anos que resida en Redondela. Para calquera información podedes contactar no correo electrónico participacioninfantileadolescente@redondela.gal