Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Unha campaña solidaria coa participación conxunta de comercio e hostalaría

Asociación de Empresarios de Redondela
07-02-2020
0
Unha campaña solidaria coa participación conxunta de comercio e hostalaría

A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha por primeria vez na nosa vila unha campaña que auna ao comercio e a hostalaría por unha causa solidaria.

Comercio e hostalaría danse a man para por en marcha unha campaña solidaria. Este mes de febreiro as compras e consumicións no comercio e a hostalaría de Redondela terán un significado moi especial xa que unha parte irá destinada a unha ONG. A campaña terá unha duración de 15 días, entre o 9 e o 23 de febreiro.

A campaña conta cunha imaxe corporativa específica xa que se creou un novo logotipo que representa unha etiqueta na que unha culler e un garfo simbolizan os brazos que lle aportan un trazo de personificación a este obxecto que quere parecer que nos está a abrazar. Este novo anagrama que tamén leva incorporado o logo da Asociación de Empresarios, como entidade promotora do proxecto, nace froito da convicción de que este proxecto ven para quedarse e por iso é preciso que contara cunha imaxe propia que o consumidor poida identificala con facilidade xa que é unha campaña que conxuga a perfección coa liñas de traballo da entidade na que cada día están máis presente os valores medioambientais, culturais e sociais. Un exemplo é a campaña de Nadal na que o acento púxose no ecopackaging.

 

A ONG á que se destinarán os fondos recadados será DA MÁN, unha entidade dedicada ao traballo social solidario que desenvolve a súa actividade en Galicia coa poboación inmigran e en Senegal levan a cabo diversos proxectos nos ámbitos educativo e sanitario fundamentalmente e que ten a súa sede na localidade de Redondela. Neste caso o obxectivo é unha prioridade para entidade xa que o reto e lograr os fondos necesarios para afrontar os custes dunha intervención cirúrxica a unha nena da colonia de Senegal coa que está traballando.

A posta en marcha desta campaña realizouse nun tempo récord polo que a inscrición e adhesión dos establecementos aínda non se pechou e polo especial significado permanecerá aberto a todo establecemento que se queira ir sumando. Inicialmente arrancamos con máis de 40 establecementos comerciais e hostaleiros.

Nos comercios os artigos solidarios están identificados con etiquetas co logo da campaña e que permitirán ao consumidor identificar os produtos que a súa comprar comporta un donativo a causa solidaria. Na maioría dos artigos e por unha cuestión de simplicidade o donativo é de 1€ por produto, pero en sectores específicos nos que os prezos son moi elevados ou moi baixos a aportación fixase por un porcentaxe.

No sector hostaleiro está campaña vai a ser un adianto da ruta do pincho xa que cada establecemento terá pinchos e tapas solidarias. Os pinchos solidarios terán un custe de 1€ que será destinado integramente a causa solidaria, pero tamén os establecementos ofrecerán tapas solidarias, o prezo da tapa virá marcado por cada establecemento, e o donativo será tamén de 1€.

Todos os produtos, pinchos e tapas estarán publicados na páxina web www.empresasredondela.gal e contarán con un plan de promoción a través das redes sociais. Que dende a entidade animamos a compartir para fomentar a difusión desta campaña.

Dende a organización non nos marcamos un obxectivo económico específico pero esperamos que sexa o suficiente para poder facer fronte aos gastos da intervención.