Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Carreira 5K Concello de Redondela

concello de redondela
23-12-2021
0
Carreira 5K Concello de Redondela

Redondela acolle este domingo a 'I Carreira 5K Concello de Redondela'

A proba, organizada pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, conta co patrocinio de Rodavigo e a colaboración da Asociación Deportiva C.A.R.

Redondela, 23 de decembro de 2021. O domingo 26 de decembro, as rúas do casco urbano de Redondela acollerán a disputa da que será a 'I Carreira 5K Concello de Redondela', proba organizada pola Concellería de Deportes, que xestiona Nacho González e que conta co patrocinio de Rodavigo e a colaboración da Asociación Deportiva CAR.

A proba disputarase sobre un percorrido urbano de 5 quilómetros e contará con categorías (tanto masculina como feminina) de Cadete, Xuvenil, Junior, Senior e Máster (A, B e C).

A proba dará comezo ás 11:30 horas e, para cumprir a distancia programada, haberá que dar dúas voltas ao circuíto deseñado, unha pequena de 1.600 metros e unha grande de 3.400 metros pasando por liña de meta entre unha e outra.

Da boa acollida desta proba fala o feito que, a día de hoxe, todas as prazas están esgotadas. Dado que as e os participantes achegaron un quilo de alimentos non perecedoiros (que serán entregados a Cáritas Vigo para a súa distribución entre as familias máis necesitadas de Redondela), ao éxito deportivo da proba engádese o éxito solidario da mesma.

A alcaldesa Digna Rivas, subliñaba que “unha vez máis, o mundo do deporte amosaba a súa cara máis solidaria” e, ao mesmo tempo, quería agradecer o patrocinio de Rodavigo, “que non o dubida nin un só instante á hora de colaborar nas iniciativas deste Concello” e a colaboración da Asociación Deportiva CAR “que pon toda a súa experiencia na organización deste tipo de probas de atletismo o que supón unha garantía de éxito”