Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Casa de Papá Noel, na Alameda Castelao, abriu esta tarde as súas portas para recibir aos nenos e nenas

Concello de Redondela
17-12-2021
0
A Casa de Papá Noel, na Alameda Castelao, abriu esta tarde as súas portas para recibir aos nenos e nenas

A alcaldesa recibiu a Papá Noel á súa chegada a Redondela acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa.

A Casa de Papá Noel, iniciativa posta en marcha no 2019 polo Goberno local a fin de ofrecer un lugar de descanso a Papá Noel logo da súa longa viaxe dende Laponia, abriu esta tarde de novo as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas de Redondela.

A casa, situada na Alameda Castelao e similar á que Papá Noel ten en Rovaniemi, na provincia de Laponia, Finlandia, estará aberta dende hoxe ata o día 23 de decembro e horario de 17 h a 19:30 horas para o día 24, día de Noiteboa, abrir en horario de mañá e tarde de 11 h a 14 horas e de 16:30 h a 19 horas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, foi a encargada de dar a benvida hoxe a Papá Noel “a súa casa e lle agradeceu que dedicase parte do seu tempo a atender ás peticións das e dos máis pequenos”.