Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Un total de 16 redondeláns representarán a Galicia no CESA 2024

Concello de Redondela
09-12-2023
0
Un total de 16 redondeláns representarán a Galicia no CESA 2024

O balonmán galego non se entendería sen a gran canteira coa que conta este deporte en Redondela. Proba diso é o gran número de rapazas e rapaces deste municipio que unha vez máis forman parte da selección da nosa comunidade. Prepáranse para participar no CESA 2024 (Campionato de España por Seleccións Autonómicas). No equipo infantil feminino participan Daniela Míguez (SAR), Adriana Bouzón (Choqueiras), Sabela González (BM Chapela), Noa Garrido (BM Chapela) e Antía Fernández (BM Chapela). O cadete feminino tamén ten representación redondelá con Noa Portela (SAR), Leire González (SAR) e Sira Bouzón (Choqueiras). E no xuvenil feminino contan coa xogadora Alba Pérez (SAR). Nas categorías masculinas tamén están seleccionados varios redondeláns. Son o xogador de infantil Mateo Lago (BM Chapela), o cadete Lois Alonso (BM Chapela) e o xuvenil Yago Raimúndez (BM Porriño).

Pero non só son deportistas os que Redondela achega á selección galega de balonmán, xa que na parte técnica están tamén a seleccionadora e a delegada do equipo cadete masculino, Carla Abad e Nerea Bouzón, respectivamente. Aproveitando a ponte, estes días están concentrados na Estrada coas súas respectivas seleccións para preparar o CESA 2024, que se celebrará en Cataluña entre o 2 e o 7 de xaneiro.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, salienta “o excelente traballo que fan as escolas e clubs de balonmán de Redondela coa súa canteira, e proba diso é que todos estes rapaces e rapazas están entre os 16 mellores de toda Galicia nas súas respectivas categorías”.