Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Espectáculo “Cinema marabillas”, con Raquel Queizás, no Multiúsos de Chapela.

Concello de Redondela
06-10-2021
0
Espectáculo “Cinema marabillas”, con Raquel Queizás, no Multiúsos de Chapela.

Próximo espectáculo organizado pola BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA:
“Cinema marabillas”, con Raquel Queizás, no Multiúsos de Chapela.


Estimados redactores e redactoras:


Dende a Biblioteca Municipal Xela Arias, de Chapela, compracémonos en informarvos do espectáculo que vai ter lugar a vindeira semana en Chapela
para público familiar:


---“Cinema marabillas", coa actriz e contadora Raquel Queizás: Xoves 14 de outubro, ás 18:30 h., no auditorio do Multiúsos de Chapela


Cinema Marabillas é un espectáculo audiovisual que nos achegará ás primeiras
adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos, e nos libros
clásicos da literatura. O cinema mudo como un recurso máis para narrar
historias, onde aventura, humor, misterio, tenrura, maxia e fantasía están moi
presentes: porque o cinema mudo tamén se le.


- O espectáculo está pensado para nenas e nenos a partir de 5 anos, acompañados das súas familias.


- Precisa inscrición previa:
Biblioteca Xela Arias: 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal


A actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, para bibliotecas.


+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/cinema-marabillascon-raquel-queizas-na-biblioteca-de-chapela/