Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concello e Confraría colaboran na loita contra o furtivismo

Concello de Redondela
18-03-2024
0
Concello e Confraría colaboran na loita contra o furtivismo

Na madrugada do sábado a Policía Local, alertada polas mariscadoras, localizou e identificou a dous individuos aos que lle foron intervidos máis de 7 quilos de ameixa, que fora extraída ilegalmente da zona da Telleira. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, advirte que o problema vai máis aló do roubo de ameixas, xa que “o produto que levan os furtivos comercialízase logo no mercado negro sen ningún tipo de control, o que supón un risco para a a saúde pública”. O Concello mellorará a iluminación na Portela con novas lámpadas para disuadir aos furtivos e mellorar a seguridade da zona buscando o equilibrio entre a seguridade e a conservación deste espazo natural. O Concello de Redondela está a colaborar coa Confraría da localidade e a agrupación de mariscadoras na súa loita contra o furtivismo. Malia non ser unha competencia municipal, a Policía local traballa para evitar na medida do posible a actuación dos furtivos nos bancos marisqueiros da policía local, en colaboración coa Policía Nacional e o Seprona. Na madrugada do sábado axentes da Policía Local de Redondela, xunto cun grupo de mariscadoras da Confraría, sorprenderon a dous varóns extraendo ameixas na zona da Telleira. As mariscadoras deran aviso á Policía Local cando os viron, e os axentes desprazáronse ao lugar e localizáronos agochados entre unhas árbores e un muro. A estes presuntos mariscadores furtivos foille intervida unha cantidade de 7,15 kg de ameixa, que foi devolta ao mar. Os dous homes foron identificados e propostos para sanción administrativa.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, advirte que o problema vai máis aló do roubo de ameixas, xa que “o produto que levan os furtivos da praia comercialízase logo no mercado negro, sen ningún tipo de control, o que supón un risco par a a saúde pública”.

Por outra banda o Concello mellorará a iluminación na zona da Portela para “disuadir” aos posibles furtivos e facer a zona máis segura en horario nocturno. Está previsto cambiar un dos farois por outro de maior potencia, e tamén colocar máis puntos de luz na contorna. Esta nova instalación está e estudo por parte da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, xa que “debe haber un equilibrio entre a mellora da seguridade na zona e a preservación deste espazo natural que minimice a contaminación lumínica” explica o concelleiro Roberto Villar.