Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

CARAMUXO VERMELLO, música e teatro na Casa da Torre

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela.
13-08-2019
0
CARAMUXO VERMELLO, música e teatro na Casa da Torre

Qué pasaría se se perdera no 1930 un maletín valioso? Qué pasaría se un grupo de artistas gansters dunha vila escoitaran todo o lío? Qué pasaría se entre o fume dun Jazzclub e os disparos das metralletas non se mirara case nada? Qué pasaría se unha batería subida enriba dun piano vermello fora testemuña de todo isto?

Qué pasaría se na vila de Redondela naceran uns artistas de nivel? Qué pasaría se a Casa da Torre fora quen de ver crecer ós Caramuxos vermellos enriba dun escenario? Fernando Muiños (guitarra, voz), Berto López (batería), Lui Pérez (baixo, voz), Paulo Medal (teclado, voz), Nico Rincón (saxofón), Iván Gulín (guitarra, violín, voz) e Ademar Silvoso (actor) poden dar boa conta disto. 

O Caramushow está preparado. 

E vos? Mércores 14 de Agosto, ás 22:00 h. na Casa da Torre. Todas as persoas estades convidadas.