Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concerto de "DESERTORES" no Multiúsos de Chapela, da man da Biblioteca Xela Arias

Concello de Redondela
27-10-2021
0
Concerto de "DESERTORES" no Multiúsos de Chapela, da man da Biblioteca Xela Arias

Dentro das actividades coas que estamos a conmemorar o ano en que as Letras Galegas se lle adican a Xela Arias, compracémonos en anunciarvos un evento que teremos a vindeira semana:


Concerto do grupo vigués de rock: Desertores

venres 5 de novembro, ás 20:00 h., no Auditorio do Multiúsos de Chapela

 

Desertores tiveron boa relación persoal con Xela Arias. Ela escribiu letras para as súas primeiras cancións.

A editora Xerais está a piques de publicar un libro-disco con estas composicións, en edición bilingüe, coincidindo co 18 aniversario do pasamento da autora

En Chapela escoitaremos eses temas, que veñen de ser gravados de novo en estudo, con máis instrumentación.

A entrada é de balde. É preciso recoller invitación, que estará dispoñible nos Multiúsos de Redondela e de Chapela.

 + INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/desertores-concerto-de-rock-na-biblioteca-xela-arias-coas-cancions-de-xela/