Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

"IMOS BUSCAR..." Contacontos inclusivo para o Día do Libro Infantil

Bibliotecas de Redondela
26-03-2018
0
"IMOS BUSCAR..." Contacontos inclusivo para o Día do Libro Infantil

Contos inclusivos no mes do libro: "IMOS BUSCAR....", baseado no texto "Imos cazar un oso" de Michael Rose.

Unha aventura que fusiona a linguaxe verbal (lingua galega), xestual (lingua de signos) e audiovisual (proxección), recreando espazos imaxinarios cheos de sensacións táctiles provocados polos elementos da natura, auga, terra, vento, etc. Unha aventura de un día calquera, alén da tecnoloxía, recreando a liberdade do xogo e das sorpresas sensitivas que nos aporta a propia natureza.

Organiza, Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela

Día: 2 de abril

Público: Nenas e nenos desde os 4 anos de idade e público familiar.

Lugar: Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela

Hora: 18:30 h.

Duración aproximada da actividade: 40 minutos.

Entrada libre e de balde

 

 http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2018/03/abril-mes-inclusivo-nas-bibliotecas-de.html