Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela convoca os Consellos Parroquiais

Concello de Redondela
05-02-2020
0
O Concello de Redondela convoca os Consellos Parroquiais

A concellería de Participación Cidadán convoca a primeira reunión dos Consellos Parroquiais do Concello de Redondela, os cales levaban sen convocar dende outubro de 2018.

Estes Consellos Parroquiais son o instrumento de participación que permite á cidadanía e en concreto as parroquias do Concello achegar as súas inquedanzas ao Concello.

As datas para a celebración destes primeiras xuntanzas dos Consellos Parroquiais, que se celebrarán nos lugares nos que se viñan celebrando, son:

  • Mércores día 5: Cedeira e Reboreda
  • Xoves día 6: Cesantes e Quintela
  • Venres día 7: Chapela
  • Luns día 10: Negros e O Viso
  • Martes día 11: Ventosela e Vilar
  • Mércores día 12: Cabeiro, Saxamonde e Trasmañó

Todos se celebrarán ás 20:00 horas.

Orde do día

Como primeiro asunto na orde do día está a renovación dos propios Consellos Parroquiais. Neste sentido, lévase unha proposta de modificación do Regulamento do Consello a fin de que as entidades poidan realizar as alegacións que estimen convenientes.

Composición dos Consellos Parroquiais

Como órganos de representación territorial, os Consellos Parroquiais están integrados polo Presidente, un representante de cada grupo político con representación na corporación municipal, e polos representantes designados polas asociacións do seu sector de actuación dentro de cada parroquia como asociación de veciños, asociacións culturais, comunidade de montes, comunidade de augas, ANPA, etc.,