Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Corte de tráfico por obras en Camiño de Parada, Chapela

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
09-12-2020
0
Corte de tráfico por obras en Camiño de Parada, Chapela

A raíz das obras municipais en Chapela, faise necesario o corte temporal da circulación no Camiño da Pega.

Dende a Concellaría de medio ambiente do Concello de Redondela queren avisar á veciñanza de que nos vindeiros días, por mor das obras municipais de reposición do saneamento no Camiño da Pega ó seu cruce co Camiño de Parada, vaise cortar o tráfico rodado desa zona.

A empresa Aqualia, que realizará as obras municipais vese obrigada ó corte da rúa durante o seu horario laboral, e namentres duren as obras. Fora do horario laboral o camiño abrirase, de xeito provisional, novamente.

Dende o Concello prevexan que esta situación dure un par de semanas, mais avisan tamén de que este prazo poderase modificar dependendo do avance diario das obras. 

Dende a Concellaría de medio ambiente aconsellan á veciñanza que nos momentos en que estea pechado o tráfico, usen as vías alternativas cercanas: Camiño da Lavandeira, Subida á Traída, Subida a pé do pandeiro, etc.