Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Contacontos infantil na biblioteca de Chapela

Concello de Redondela
21-05-2018
0
Contacontos infantil na biblioteca de Chapela

O vindeiro mércores 23 de maio, ás 19:00 h., e a cargo de XOGA, a Organización de Xordos de Galicia teremos un contacontos para o noso público máis miúdo na Sala de Lectura de Chapela.

Un contacontos con varias historias, algunhas moi coñecidas, que serán narradas simultáneamente en galego e en língua de signos.

O contacontos vai destinado a cativos/as de 2 a 6 anos. A entrada é libre, ata completar o aforo.

 

VER MÁIS: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2018/05/contacontos-en-lingua-de-signos-na.html