Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela abre o prazo para a inscrición da actividade de Memoria

Concello de Redondela
04-11-2019
0
O Concello de Redondela abre o prazo para a inscrición da actividade de Memoria

Xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade de Memoria Curso 2019/2020. A actividade, moi demandada pola cidadanía, está organizada pola Concellería de Terceira Idade e organizarase en cinco sesión repartidas entre a Vila de Redondela e a parroquia de Chapela

A actividade terá unha temporalidade ata o 30 de xuño de 2020 e conta cun límite máximo de 125 prazas, distribuidas en cinco grupos de 25 persoas cada un deles.

As mesmas desenvolveranse nas parroquidas de Redondela e Chapela en sesións dunha hora e quince minutos.

Para poder participar é preciso presentar a ficha de inscrición, fotocopia do DNI e o xustificante de pagamentono Rexistro Xeral do Concello de Redondela.

A participación na actividade ten un custo total de 32,65 euros.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 1 ao 15 de novembro de 2019.

 FICHA DE INSCRICIÓN

Parroquia e grupos ofertados:

REDONDELA

Venres, de 09.15 a 10.30 horas

Venres, de 10.30 a 11.45 horas

Venres, de 11.45 a 13.00 horas

CHAPELA

Mércores, de 09.30 a 10.45 horas

Xoves, de 18.15 a 19.30 horas