Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela toma medidas en relación ás fincas abandoadas

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
07-02-2020
0
O Concello de Redondela toma medidas en relación ás fincas abandoadas

O Concello de Redondela deberá proceder en próximas datas a adoptar medidas de desbroce e tala de especies pirófitas en varias propiedades das que, ben se descoñece ás persoas propietarias ou ben estas non o fixeron unha vez requiridas polo Concello.


O Concello está obrigado a proceder deste xeito por aplicación, tanto da Lei de prevención e defensa contra os incendios de Galicia, como da vixente Lei do Solo. Esta medida excepcional está prevista para aquelas situacións que supoñan un claro risco para os residentes da zona.

Lóxicamente estas actuacións xeneran uns importantes gastos de tramitación e execución material para o Concello, que deberá posteriormente adoptar todas as medidas posibles para repercutir os gastos ás persoas infractoras.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente advírtese á cidadanía da responsabilidade que supón ter as propiedades en bo estado. Unha obriga regulada por lei que de non executarse pode causar danos a terceiros e ao medio ambiente. "Tan só nos acordamos do lume cando vemos o fume"

 

Débese lembrar que por mandato da Lei de incendios todas as propietades deben estar desbrozadas e as árbores de especie pirófita cortadas nas distancias establecidas antes do 31 de maio de cada ano.