Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Día das Bibliotecas cun contacontos e un obradoiro infantil

Concello de Redondela
13-10-2022
0
As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Día das Bibliotecas cun contacontos e un obradoiro infantil

O 24 de outubro celébrase en España o Día das Bibliotecas. Para festexar esa data tan querida para nós, as Bibliotecas Municipais de Redondela temos preparadas dúas actividades para público infantil, nas que xa vos podedes inscribir:


-- LUNS 17 DE OUTUBRO, ás 18:30h., na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela: Contacontos "Coser e contar", con Marta Ortiz.
Para público familiar, nenos/as dende os 5 anos.
Auditorio Municipal de Redondela. Entrada libre e de balde.
Información na Biblioteca de Redondela, Tlf: 986-401-561.
Actividade realizada dentro do programa Ler conta Moito, da Xunta de Galicia.

Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións,… en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio de coser.
Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a moitas, moitas historias.
+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/coser-e-contar-contacontos-para-toda-a-familia

 

MARTES 25 DE OUTUBRO, ás 18:30h., na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela: Obradoiro "Caixa, caixiña, caixón", con Andamiaxe Innova.

Nenos/as dende os 6 aos 9 anos.
No Multiúsos de Chapela. De balde. Inscrición previa na biblioteca.
Información na Biblioteca de Chapela, Tlf: 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal 
Unha proposta de achegamento literario, onde nenos e nenas descubrirán as mil e unha historias anónimas olvidadas para rescatalas, contalas e ilustralas de xeito orixinal e imaxinativo, dende unha caixa de cartón a unha caixiña de papel.
+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/caixa-caixina-caixon-obradoiro-infantil-de-creacion-de-historias-na-biblioteca-de-chapela

 

Ademáis, queremos adiantarvos que a Biblioteca Xela Arias de Chapela ofrecerá un contacontos o sábado 29 de outubro, dentro da programación de actividades do magosto veciñal:
Contacontos: "Contos arredor da terra", con Alba Grande.
Para público familiar.
Auditorio do Multiúsos de Chapela. Entrada libre e de balde.
Información na Biblioteca de Chapela, Tlf: 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal

Arquivo adxunto:attachment-2-856.png