Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Día das letras galegas no comercio

Concello de Redondela
15-05-2018
0
Día das letras galegas no comercio

O Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios/as de Redondela retoma, por segundo ano consecutivo, unha campaña de promoción da lectura e do libro en galego. Baixo o lema “Levamos literatura galega no máis fondo”, a campaña quere visualizar a presenza do libro dende outros eidos e promover a lectura en lingua galega.


Desta maneira, comercios de toda Redondela están colocando nos seus escaparates libros durante todo o mes de maio, mes das Letras Galegas. Dende o SNL tamén animamos a outros comerciantes a que imiten este exemplo.