Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Educación sensorial coa túa crianza

Concello de Redondela
22-10-2018
0
Educación sensorial coa túa crianza

Este obradoiro, organizado polo SNL dentro do proxecto Apego, quere servir a pais e nais ou profesorado de educación infantil para coñecer mellor e saber xestionar os sentimentos das nosas crianzas.

Maria Paredes (pedagoga e educadora infantil) será a encargada de conducir a actividade. Con ela aprenderemos as ideas da disciplina positiva, a comprender a importancia da expresión emotiva sen necesidade de reprimirllela, as formas de valorar os seus esforzos...

 

Información:

DIRIXIDO: nais, pais, profesorado de infantil e crianzas de 0 meses a 3 anos.

NÚM. DE PRAZAS: 15 bebés (acompañados como máximo por dúas persoas adultas.

                                   Deberán traer cadansúa mantiña para se deitar no chan.

 

DATA: Venres 26 de outubro de 2018

HORA E LUGAR: 18:30h no Multiúsos da Xunqueira.

INSCRICIÓN: normalizacion@redondela.gal ou 986 400 300