Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Exposición A Coca. Arte e tradición.

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
10-06-2021
0
Exposición A Coca. Arte e tradición.

Durante o mes de Xuño, as persoas que visiten a vila de Redondela, poderán desfrutar dunha exposición ó aire libre que percorre mediante fotografías, a esencia e a historia da Festa da Coca.

O equipo de Turismo, en colaboración co Arquivo municipal, veñen de preparar unha exposición explicativa sobre a Festa da Coca: os elementos que a compoñen, a tradicións e lendas que esconden así coma os cambios que esta festa experimentou ó longo dos séculos. 

A coca, dragón emblemático da vila dos viaductos, acompáñase das penlas, das burras e dos danzantes das espadas, cada día do corpus e na fin de semana posterior. Preparando os seus percorridos, mulleres, homes e rapazada do municipio traballan previamente na elaboración das alfombras florais que amencen preparadas para recibir ás persoas visitantes antes de ser destruidas polos e polas danzaríns e danzarinas, e a procesión que os acompaña.

A música que os fai mover, por outra banda, preséntase avalada polos traballos recopilatorios de Casto Sampedro, e os traballos de investigación do luthier e gaiteiro Olimpio Xiráldez Río (artista local) que conseguen elevar o "tirampa tipiritampa" e as súas reviravoltas en peza singular e totem da música traidicional galega.

Toda esta información, e moita máis, aparece ilustrada nesta exposición ó aire libre que acompaña ó viandante polo Paseo da Xunqueira

Continuando coa experiencia da anterior Exposición ó aire libre sobre a Festa dos Maios, a Concellaría de Cultura e Turismo aposta desta vez por manter o formato e extendelo ó longo deste mes de Xuño para percorrer baixo as pérgolas vexetais da Xunqueira, a Historia da Festa da Coca.

A persoa visitante poderá acceder á exposición libremente, mais se necesita dunha explicación, poderá apuntarse ós Paseos e Charlas gratuitas que cada Xoves do mes de Xuño efectúan os e as guías do Departamento de Turismo ás 19:00. (enlace para máis información)