Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Exposición ó natural de Alba Casanova Fernández

Concellaría de Medio ambiente e Cultura. Concello de Redondela
30-11-2020
0
Exposición ó natural de Alba Casanova Fernández

Dende esta semana poderase visitar na Praia de Cesantes varias obras da artista redondelana sobre un soporte moi orixinal: Os antigos contendores da limpieza de praias adicados á recollida de algas, restaurados para a ocasión.

A Concellaría de Medio ambiente e a de Cultura veñen de traballar en equipo para levar a cabo unha proposta vangardista: reinterpretar un mobiliario municipal inservible e convertilo nunha obra de arte ó vivo.

Á chegada ó goberno, o Concelleiro de Medio ambiente, Roberto Villar, atopouse coa presenza de 6 contedores metálicos pequenos que servían para a retirada de algas: era o único punto de traballo ó que cada persoa debía trasladarse por medios propios; o único espazo ó que accedían as persoas traballadoras, 6 días á semana, sen acceso a vestiarios nin aseos; nos momentos de chuvia resgardábanse coma podían neste mesmo contedor.

Para a Concellaría de medio ambiente tratábase dunha mostra máis da precariedade laboral á que estaban sometidas as persoas da limpieza de praias. Dende este ano 2020 estes contedores deixaron de se utilizar, e colocáronse ás persoas traballadoras na praia uns vestiarios en condicións ademáis de acceso ós cuartos de baño.

Por outra banda dende este ano as persoas traballadoras na Praia de Cesantes tiñan establecido coma punto de encontro as cercanías das pistas de skate de Redondela, dende onde eran trasladadas por parte do Concello á Praia de Cesantes.

Decidiuse retirar 3 deses 6 contedores polo seu mal estado, e reciclar os 3 restantes traballando en conxunto coa Concellaría de Cultura. Participando, deste xeito, no programa de apoio ás persoas artistas redondelanas.

  

A Concellaría de Cultura contou neste caso con Alba Casanova Fernández, artista veciña de Cedeira, que forma parte do Rexistro de Artistas de Redondela e que realizou un traballo gráfico adaptado neste caso á superficie dos contedores de medio ambiente e á contorna da Praia de Cesantes.

O traballo da artista, neste caso, xira en torno ó entorno no que se ubican os soportes: mesturando a Illa de San Simón coa tradición literaria e marítima, mesturando motivos acuáticos con imaxes reivindicativas (feministas, en apoio ó colectivo LGTBI, ...) propias da obra de Alba Casanova.

   


Esta mesma semana as 3 obras foron ubicadas ó longo da Praia de Cesantes coa idea de converter a Praia da Punta nun museo vivente que anime ás persoas que se acheguen á praia a desfrutar da contorna e a descubrir unha artista do noso municipio.

     

Nos tres contedores o/a visitante atoparase cun código QR que poderá escanear para poder consultar na páxina web do Concello o Rexistro de Artistas de Redondela. Atoparase tamén con información sobre a artista.

Con este traballo preténdese:

  • Reciclar activamente o mobiliario municipal.
  • Mellorar as condicións laborais das persoas da limpieza de praias.
  • Apoiar e difundir a obra dos/as artistas de Redondela.
  • Demostrar que calquera espazo é susceptible de se converter nun museo ao aire libre.
  • Combater o feísmo a través de actuacións municipais.

As dúas Concellarías traballan a idea de mover nun futuro os tres contenedores e levar esta exposición orixinal a diferentes puntos do noso municipio.

Anuncian, ademáis, a intención de repetir este tipo de actuacións e continuar co traballo conxunto en prol do medio ambiente e da cultura local.