Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentación da Exposición "Tábula Rasa"

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
05-03-2020
0
Presentación da Exposición "Tábula Rasa"

Pilar Fernández Rey, artista multidisciplinar, ofrécenos na Sala de Exposicións do Multiusos dá Xunqueira, Redondela, o seu Traballo de Fin de Grao titulado " Tábula Rasa".

A exposición presentarase o vindeiro martes 10 de Marzo ás 12:30 horas nun acto explicativo da mensaxe que a artista Pilar Fernández transmite mediante a sucesión de retratos exposta.

Trátase dunha serie de fotografías, retrato de persoas nun primeiro plano sobre un fondo negro. Grazas a esta composición estudada, a artista sitúa ás persoas retratadas nun espazo hetéreo, onde nos centramos nas súas caras e as súas faccións.

A intención, tal e como expresa Pilar nos dípticos informativos da exposición, é "o tratamento do retrato desde o punto de vista da integración. Unha serie de fotografías co mesmo fondo, mesma colocación, luz, etc., cuxos protagonistas sexan persoas con e sen enfermidade mental, dispostas de maneira aleatoria e logrando que sexa imposible distinguilas unhas doutras."

Pilar Fernández Rey

A montaxe da exposición no Multiusos de Redondela fué realizado pola artista e a axuda imprescindible das persoas usuarias de Lenda. A Asociación Lenda de saúde Mental de Redondela apoia tanto o traballo de Pilar como a reivindicación artística que transmite mediante a súa exposición " Tábula Rasa".

Aínda que a exposición xa está aberta ao público, será o vindeiro martes 10 de Marzo ás 12:30 cando se realice un acto, tamén en colaboración coa Asociación Lenda de Saúde Mental, na que se explique o traballo exposto e a intencionalidade directa da artista.