Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O redondelán Iago Mera, subcampión de España de Taekwondo

Concello de Redondela
07-12-2023
0
O redondelán Iago Mera, subcampión de España de Taekwondo

O redondelán Iago Mera, da escola Omnihum, acadou un excelente resultado no Campionato de España de Taekwondo de poomsae. Redondela tivo un representante na selección galega que onte participou na proba estatal por comunidades autónomas. A competición celebrouse en La Nucía, Alacante, onde Iago se proclamou subcampión en categoría benxamín masculino por autonomías e acadou tamén o 3º posto por clubes. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, felicitou a Iago por este gran logro ao tempo que puxo en valor os excelentes resultados do taekwondo redondelán en xeral, un deporte que ten no municipio “un gran futuro con estas novas xeracións”.