Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Información sobre xestión de residuos no Concello de Redondela

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
15-04-2020
0
Información sobre xestión de residuos no Concello de Redondela

A Concellaría de Medio Ambiente quere transmitir mediante esta nova unha serie de información á cidadanía de Redondela en relación á xestión de residuos no noso municipio.

A Concellaría de Medio ambiente recoñece que o contratro feito hai 13 anos, ten algunhas deficiencias para casos nos que coinciden varios festivos, deficiencias que se tentarán de resolver negociando coa empresa concesionaria para tentar mellorar o servizo. Estas negociacións terán que ser resoltas sen poder exixir responsabilidades a empresa pois aínda que con deficiencias puntuais estase a cumprir o acordado naquelas datas do ano 2007 polo Goberno Bipartito que gobernaba Redondela.

DEPÓSITO DE VOLUMINOSOS

Por outra banda, a Concellaría de Medio Ambiente ten observado coma nalgúns puntos do municipio víronse voluminosos depositados sen control. A Concellaría quere facer un chamamento á cidadanía de Redondela en relación ó depósito de voluminosos, entullos, ou restos de obra, reincidindo na seguinte información:

Aquelas persoas que deban desfacerse de voluminosos (restos de mobles, colchóns, electrodomésticos,..) deberán chamar ó seguinte teléfono de URBASER: 986 388111; Neste teléfono quedará coa empresa para depositar eses voluminosos nun sitio e nun día determinado. URBASER pasará a recollelo o día e no sitio pactado. O depósito deste tipo de desfeitos sen o permiso previo de Urbaser, poderá supor unha sanción dun mínimo de 600€ ata un máximo de 1.500E.

Aquelas persoas que deban desfacerse de entullos, restos de obras, cristais de xanelas, rodas, aceites de motor usado, baterías ou restos de amianto entre outros produtos contaminantes deberán saber que depositalas na vía pública ou privada está terminantemente prohibido e carrexarán infraccións que van desde un mínimo de 1500€ ata os 3.000€. Para poder desfacerse deles, deberán poñerse en contacto cunha empresa especializada no seu tratamento. Depositalas inadecuadamente na vía pública será causa de sanción económica e a reiteración desta actividade pode ser causa dun delito contra o medio ambiente.

Para rematar a Concellería fai unha chamada ao civismo para que toadas e todos vivamos nun entorno o máis limpo posible. Así como pedir a colaboración cidadá na detección de infractores dando aviso a policía local si se detectan actividades incívicas que danan o medio ambiente e a convivencia.