Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela inspecciona as instalacións de URBASER

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
29-04-2021
0
O Concello de Redondela inspecciona as instalacións de URBASER

A Concellaría de Medio ambiente do Concello de Redondela acaba de realizar ás 12:30 da mañá de hoxe a primeira inspección nas instalacións da empresa URBASER, concesionaria da recollida de lixo do Concello de Redondela.

Dende hai un ano a Concellaría de Medio ambiente ven realizando un seguimento exhaustivo das deficiencias atopadas nos traballos desenvolvidos pola empresa URBASER, que culminou no pasado Pleno de Febreiro (enlace) coa decisión de comezar un expediente de imposición de penalidades contra a empresa por incumprimento das prestacións do contrato da recollida do lixo.

Paralelamente, a Concellaría de Medio Ambiente , observando que a empresa segue a incumplir puntos do seu contrato, decidiu executar vairas cousas que constan no artigo 25 do contrato, pero que o de ata agora nunca se pedira á empresa adxudicataria: esixir á empresa a información relativa á limpeza dos contenedores do lixo e por outra parte a información dos partes de traballo: as rutas e o número de camións que as executan durante cada servizo. 

Para todo isto, hoxe mesmo se executou unha Orde de inspección:

Persoal municipal visita hoxe Xoves 29 de Abril as instalacións de URBASER esixindo esta información. Dependendo do resultado da auditoría, se os servizos municipais comprobaran a existencia de diferencias entre os servizo prestados e os contratados esixirase os correspondentes axustes de unidades, sen perxuízo igualmente da imposición de penalidades.