Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Celebración do día das Letras Galegas 2019

Concello de Redondela
16-05-2019
0
Celebración do día das Letras Galegas 2019

Antón Fraguas foi a persoa escollida para celebrar o Día das Letras Galegas deste ano 2019. Un home nado en Loureiro de Cotobade, nun familia labrega e nunha contorna rural.

Cando tiña preparado o billete para marchar a Brasil, a súa aptitude para o estudo e a medicación dun mestre ante a familia lograron que Fraguas acudise ao Instituto de Pontevedra e logo á Universidade de Compostela.

Membro das Irmandades da Fala, do Seminario de EStudos Galegos, do Partido Galeguista, do Instituto Padre Sarmiento, da Real Academia Galega... unha vida dedicada ao estudo da antropoloxía e folclore de Galicia. O final da súa vida dirixiu activamente o Museo do Pobo Galego, do cal é tamén fundador.

O Concello de Redondela quere neste día reivindicar o seu nome pero, sobre todo, a súa contribución á lingua e cultura de Galicia. Por este motivo celebramos o pasado 5 de maio, na Alameda de Castelao, un espectáculo musical titulado “Amantes da Terra”. Ademais houbo actividades para as escolas (“Canta, miña pedra, canta”, celebrado o 8 de maio na Xunqueira) e unha exposición rotatoria que comezou no Multiúsos do Piñeiral do Crego.

O propio 17 de maio, ás 12:30, haberá un acto institucional na Alameda de Castelao, fronte á estatua.

Feliz Día das Letras Galegas
Feliz Día da Lingua de Galicia.

Ademáis as alumnas do curso de de língua de signos organizado polo Concello de Redondela, fixeron un vídeo homenaxe a Antón Fraguas, no que signan o popular conto recompilado por Fraguas, "Casamento da pulga"

           VER O VÍDEO